domingo, 1 de xullo de 2018

Feliz Tri-Cumpleanos, Koi


Nombre Galgos 112: Koi 
Alias: Koietis, Koiejito, Koichi-Guá, Príncipe das mareas... e moitos máis
Procedencia: Alicante 
Idade: 8 anos 

Koi é un galgo maduro de cor negra con canas en cara, patas e resto do corpo. Gústame dicir que é o George Clooney dos galgos e canto máis tempo pasa máis branco parece poñerse. Hoxe é o seu cumpreanos e ten tres motivos para celebralo:
  • Hoxe cumple un ano máis, a data de referencia de nacemento é o 1 de xullo de 2010 e ainda que sabemos que non é exacto temos un motivo para celebrar un ano máis de vida. 
  • Hoxe tamén celebramos que hai tres anos que o rescataban da rúa para curar esas feridas que traía nas patas e no seu interior, a parte que non se ve. O seu pasado non o sabemos con exactitude e ainda que non queremos poñernos tristes hai que resaltar que non tivo unha vida fácil ata aquel momento. Víctima de algún desgraciado cazador tivo a sorte de que Galgos 112 se cruzase no seu camiño, Bárbara foi a súa nai de acollida, quereuno como a un máis da familia e estivo un ano vivindo na súa casa con Eros e Tales. 
  • Hoxe hai tres anos que o coñecemos.
Koi tivo a oportunidade de sair adoptado en varias ocasións pero a súa epilepsia botou para atrás a moita xente pero por sorte, a que escribe e a súa parella, non deixaron que a súa condición de epiléptico lle frenara a súa adopción e un día coma hoxe pero do ano 2016 chegabamos a Alicante para coñecer a este dandi e á súa familia. 

O gran motivo de celebración hoxe é porque nos sentimos tremendamente afortunadas de contar con Koi na nosa familia... El é un galgo sensible e tímido pero todo un amor de can, ten unha mirada nobre e tan doce que con so ver para el o azucre en sangue se dispara... Ten unha paciencia infinita, Lucky o pequeno da casa se dedica a morderlle a cola, as patas e o fuciño... É un sibarita porque non come calquera cousa. É moi especial coas súas patas, supoñemos que polas lesións que tivo no seu día, e se alguén llas toca cando está a durmir pode gruñir para protexerse. É un can delicado de pel e a epilepsia é cousa do pasado, xa non toma medicación e non brota... Ten camelado a todo o persoal que o coñece e gústalle máis ca nada neste mundo estar cómodo e relaxado (sofá, cama, colchoneta, tumbona), foi candidato ao Premio Bacalao de Galgos 112 na súa primeira quedada en Abril (o ano que ven igual o gaña)... Gústalle viaxar en coche, o día que o fumos buscar non dubidou en subirse ao Insignia do meu sogro que nos prestara para viaxar a Alicante... Gústalle comer vísceras de terneira e porco que lle prepara a súa avoa materna en Ogrobe... Cando bota a correr parece que se vai desmontar porque ten unha forma moi tontorrona de facelo... Hai quen pensa que Koi non corre pero vaise dosificando durante todo ano e no verán o calo o deixa moi aplatanado... Ten unha sensibilidade especial c@s cativ@s, en Alicante o levaban a colexios a dar charlas e déixase querer moito... Temos moitas fotos del con un nen@ abrazad@ ao pescozo... 

Non se me ocorre ningunha cousa negativa que dicir do noso George Clooney versión lebrel. Hai quen pensa que nós eleximos ao can, pero é el quen nos elexiu a nós para avanzar e formar unha manada sana, composta por dúas mulleres e un can tamaño cócker chamado Lucky. Por eso queremos felicitar ao noso Koi por formar parte de nós, por sobrevivir e deixarse rescatar, por viaxar con nós dende Alicante e por ser como é.