Amosando publicacións coa etiqueta versión galego. Amosar todas as publicacións
Amosando publicacións coa etiqueta versión galego. Amosar todas as publicacións

martes, 11 de decembro de 2018

Perdendo a fe?

Hai días nos que custa creer na humanidade da xente e hoxe é un desos. Hai algúns días comecei a escribir un conto no que un can nos contaba a súa aventura dende que o mercan na tenda ata que vai a unha casa con unha familia. Non o teño esquecido, está a medias na miña mente... pero se hoxe tivera que escribir o final desa historia remataría moi mal e non quero darlle un destino tan triste aos animáis da miña historia.

Hoxe leín nas redes sociais un par de historias que me tocaron a fibra, unha señora tiña na casa varios cans en malas condicións e un colgado dunha soga na provincia da Coruña, se non recordo mal en Ferrol. Despois leo que un can estilo cócker morre esta noite polas condicións nas que foi atopado na clínica de unhas coñecidas. Eso sumado a que estou sensible e algunha outra nova que leín por aí me minan o espíritu e síntome sin fe na humanidade.

Plantéxome moitas veces se o ser humano non será en realidad un ente sen escrúpulos nin alma por como trata aos animáis do seu entorno. O que non pega tiros por diversión nesa actividade que chama caza, acoitela e patea a un xabarín xa ferido. Outros cravan bandeiriñas e estocadas a touros nunha paraza redonda chea de xente a compás de un "OOOOLEEE"... é mellor que non siga falando pero en fin... menos mal que mañá será outro día e tal vez teña mellor ánimo ou mellores novas que ofrecervos máis que un desafogo pesimista. 

Non perdades a fe no ser humano, hay pequenos seres anónimos facendo pequenas cousas para cambiar este mundo que por momentos se me antolla tan feo.

mércores, 5 de decembro de 2018

Mércores reflexivo II

A fin de semana pasada ocorreron varias cousas no estado español. Para a desgraza de calquera causa pro-dereitos (das mulleres, dos animáis, dos inmigrantes ou do colectivo LGTB) a ultradereita entrou un partido que non quero mencionar no panorama político andaluz. Non quero entrar a facer unha valoración política nin social do asunto pero dende a perspectiva da causa que defendo neste blogue me parece un paso atrás pois esta xente pretende blindar as activades de caza e tauromaquia (noutras palabras o maltrato hacia un determinado animal). Tendo en conta dúas cousiñas de nada:
  • que moitos dos lebreles rescatados proveñen dese lugar
  • que o presidente dese partido ao que non mencionaremos é cazador orgulloso e galgueiro recoñecido
  • que ata o momento xa tiñamos dificultades á hora de recurrir ás autoridades ante certos casos de abandonos/maltratos/asesinatos
Preséntasenos un panorama ainda máis duro no momento que estos partidos rancios que seguro gobernarán Andalucía, daranlle maior amparo legal a persoas que teñan por afición maltratar animais. Pero por sorte para os nosos caralápis e para desgraza desta xentuza, seguirá habendo persoas anónimas que sigan crendo que os animáis teñen dereito a unha vida digna, que rescatará e axudará a estes animais e seguirá loitando porque as cousas cambien a mellor. Xa o di Galeano: "moitas pequenas persoas facendo pequenas cousas en lugares pequenos cambiarán o mundo" así que ánimo, non decaigamos da nosa ilusión de axudar con calquera xesto. Vou facer unha última reflexión política que resume todo esto que sen entrar en profundidade vos quería trasmitir: "se @s andaluces que foron votar o pasado domingo foran dinosaurios, votarían polo meteorito".

E cambiando do tema político a un tema algo máis agradable pero non menos importante que non se vai moito deste marco animalista deste blogue. Esta fin de semana estreouse en Vimeo o documental "Yo Galgo", un filme que pretende recoller con elegancia e sen levantar demasiadas ampollas a realidade dos nosos amigos lebreles. Recoméndovos ver o documental, a fotografía e a banda sonora están xenial e xa so por eso merece a pena, en contido quedoume curto e creo que está pensado para non ofender demasiado a eses colectivos que tratan aos galgos coma se fosen mercadorías.

mércores, 7 de novembro de 2018

Progresos. Adopcións. Necesidades especiais

Bos días querid@s enferm@s de Galguitis Aguda,

haberá que xa esté ao tanto das cousas que veño a contar hoxe pero me apetecía facer un artigo de opinión persoal no medio de tanta presentación perruna. Ainda me queda por presentarvos a parte da miña familia animaleira: xa coñecedes a Lucky e a Peta, Koi non te ficha pero xa vos falei del, Tomi (alias Oligofrénico) foi a última incorporación, e @s gatiñ@s da casa de miña nai tamén son membros da familia (Ray, Patus e Blanqui, recentemente perdemos a Negri).

Hai uns días Koi sorprendeume gratamente, despois de cear se veu comigo ao sofá e de forma tontorrona se puxo a xogar comigo e con Lucky a facer que nos mordía. Case se me saltan as bágoas da emoción! O 1 de xullo fixo dous anos da chegada de Koi á nosa familia e dende entón non fixo máis que mellorar tanto física coma mentalmente... Ao principio viña moi apagado, pouca enerxía e inmunodeprimido, era extremadamente tímido e os fenobarbitais que tomaba non lle axudaban... por non falar do aspecto físico: desgarbado, con pouco pelo nas patas e na cara. No primeiro ano de estancia aquí Koi recuperou moito e volver ser un can lustroso, maila os seus problemas de pel, e activo nos paseos... A primeira vez que xogou a corretear pola area con Lucky case choramos da emoción!!

Pois pasaron dous anos e 4 meses para voltar a emocionarnos... Koi remata de cear e se pon a xogar comigo no sofá facéndose o interesante en plan "vouche morder", como Lucky se pon celoso e quere formar parte deste momento e así rematamos os tres facendo o tonto no sofá unha noite de outono. Ao mellor pensades que son unha esaxerada ou ao mellor, coma nós, tedes un can dos que chaman "con necesidades especiais" e resulta que sentides o mesmo cando fai un avance... a min resúltame emocionante e éncheme de gratitude ver que os nosos esforzos fan que animaliños coma Koi progresen nun entorno de amor coa súa familia.


Permitídeme un consello: se vos gustan os animáis e tedes pensado adoptar, recoméndovos facelo con un animaliño adulto que teña algún tipo de necesidade especial. Os cachorros gústanlle a todo o mundo es son máis fáciles de "colocar", pero a un animal adulto (e ainda encima con necesidades especiais) resúltalle máis facil atopar unha familia que o queira. Ah! E unha observación máis, teño leido por ahí que tanto os cans como os gatos negros son máis difíciles de buscarlle un fogar (no fondo somos uns racistas e parece que a cor e a raza importan)... As canceiras e asociacións de protección de animáis precisan de xente coma nós, que decida adoptar un animaliño sen importar a súa idade, a súa cor e se ten ou non algún tipo de necesidade especial... ANÍMATE E ADOPTA!!

PD: Recorda que @s amig@s non se mercan! ADOPTA, ADOPTA, ADOPTA... Sempre adopta!!

venres, 31 de agosto de 2018

Á praia cos nosos cans

Estamos rematando o verán pero din por aí "nunca es tarde si la dicha es buena" e o certo é que non se me dou por reunir esta información antes, probablemente a miña aversión polas aglomeracións turísitcas fai que empece a disfrutar máis do verán en septembro, onde a marabunta foráne@s descende sustancialmente no meu pobo.  Hoxe veño a contarvos que Galicia conta con máis de 700 praias das cales máis de 360 están na provincia de Coruña, máis de 60 en Lugo e máis de 270 en Pontevedra... pero na maioría dos casos @s nos@s cans/cadelas non son benvid@s.
Lucky e Tommy xogan en O Espiño.

Aquí un resumo das praias ás que si podemos acudir coa nosa familia canina:

En Pontevedra contamos con seis praias caninas:
  • As de O Espiño y O Portiño: dúas praias contiguas ao lado do porto deportivo de San Vicente do Mar, en O Grove.
  • A praia da Illa da Toxa (O Grove) non admite cans este verán 2018 ainda que algunhas webs así o reflexe e poderían multarte.
  • A Cunchina en Gangas, parece que as praias de A Congorza e Lagoelas, do mismo municipio foron pechadas, así que se recomenda consultar antes de acudir para non enfrentarnos a algunha multa.
  • Cesantes e Chapela, en Redondela.
  • Praia de O Castelete, en Vilagarcía de Arousa, fronte as Naves de Pita.
  • Praias da Foz y da Calzoa, en Vigo, habilitadas maila a oposición de parte da veciñanza en maio de 2018.
En A Coruña temos:
  • Praia do Areal na Pobra do Caramiñal.
  • Praia de Ares
E en Lugo:

  • Punta Corveira (Barreiros)
Tendo en conta estos datos, non hai que ser moi list@, para chegar á conclusión que as persoas que temos mascotas temos menos dereitos á hora de poder acudir libremente aos areais a desfrutar de un verán refrescante na costa galega. Outro día porei o que opino eu deste tema, hoxe non teño o día políticamente correcto para opinar ao respecto, de entrada direi que non me parece xusto. Mentres tanto a seguir desfrutando do verán, con ou sen cánidos.