venres, 25 de outubro de 2019

Dobre raseiro

Onte, para min, foi un día de reflexión ante a incohrencia actuación do Corpo Nacional da Policía en dous escenarios diferentes. O primeiro escenario transcorre en Madrid, no medio do circo montado polos medios de comunicación ante a exhumación dun dictador do monumento da vergoña e poserior reinhumación nun cemiterio preto de alí. Este esperpento ocorre pola mañá con concentracións fascistas tanto no coñecido monumento como no propio cemiterio, a policía nacional escolta e vela porque se cumpra a lei, non hai cargas policiais e todo transcurre nun acto para nada discreto e con demasiados honores para un señor que dou un golpe de estado, se fixo con control dun país dividido e ordeou matar e perseguir a miles de persoas durante 40 anos.

A policía, as autoridades políticas e unha familia heredeira de propiedades millonarias gracias saqueos dun pobo a mans do señor aquel, que cando o transportaba a hombros parecía máis un durum ou un tigretón rancio que un féretro, eran testemuñas de aquela homenaxe. Incluso chegou ao cemiterio un señor que entrou nuncha cámara pistola en man e pegando tiros berreando aquelo de "se sienten, coño"... Pero claro, como esta xente son xente de ben e "constitucionalista" a policía non carga para disolver.

Esa mesma tarde o señor Abascal visita Vigo, e ás portas do auditorio onde estaba citado a falar para o público había un grupo de xente manifestando o seu rexeitamente á ideoloxía que vende o partido Vox. Nós pasamos a ver o ambiente e o primeiro que nos chama a atención é o número de policías nacionais desplegados no lugar e a ubicación que lle deron ás persoas concentradas alí, un pasillo entre o murete da baixada ao parking subterráneo e unha parede do hotel que está ao lado do auditorio, diante unhas ballas metálicas e unha fila de axentes nacionais... en outras palabras, UNHA RATONEIRA, unha trampa para que no momento que houbera que facer unha carga policial o tiveran fácil para bater na xente. Nós fumos ver o ambiente alí concentrado e vendo aquela trampa decidimos cruzar e ver a concentración dende a outra beirarrúa, un fato de policías nacionais custodiando que a xente non se quedara alí.

Curiosamente o axente que se dirixeu a nós se puxo un pouco parvo, primeiro me pregunta a onde imos ao que lle respondo "a ver o percal este e tirar unhas fotos" e enseguida me espeta "pues aquí no se puede estar, si queires ver el percal te vas para allí efrente con esa gente"... A miña cara de estupefacción foi interesante ao que replico "si claro, así en caso de carga xa nos tedes a todos ben xuntiños para mallarnos", o tipo avanzando para botarnos así que como non queriamos problemas cruzamos e bordeamos o auditorio, decidimos ver o percal dende a UNED.

Os policías que custodiaban esa zona parecían máis amigables e en ningún momento nos preguntaron ou replicaron algo, estaba claro que aos chulos os poñen nos focos de tensión porque á mínima saltan. Paralelamente a esto, unha amiga con pinta de "señora de bien" pasou pola beirarrúa onde queriamos chegar para grabar e tirar fotos da concentración, a diferencia do noso intento ela puido grabar o "percal", ningún policía lle increpou nada... Curioso, non? Está claro que dúas tías con pelo curto, vestidas de sport teñen pinta de perigosas, unha muller vestida de maneira más formal e con boa pinta a convirte en non perigosa.

Deambulamos un ratiño por alí e vendo que tensión iba en aumento optamos por seguir o noso camiño para continuar coas nosas obrigas de diario. Non tardou moito en saltar a chispa e empezar a carga policial. Non vou entrar a valorar de quen empezou ou quen non, xa non estaba alí para atestigualo o que está claro e que os axentes personados naquel lugar non ían en actitude amigable, e viñan preparados para a ocasión.

E aquí un relato de como un perfil de xente non é mal tratada polo corpo nacional de policía e outros, con pintas de "jipis", "perroflautas" e "punkis antifascitas" son xulgados polos axentes e masacrados con pelotas de goma para dispersalos. Estou por apostar se toda esa xente, en lugar de portar bandeirolas antifascitas e bandeiras de Galiza con unha estrela vermella portasen bandeiras rojigualdas con motivos aviares, sería tratada de xeito moi diferente. Non hai máis que comparar esta grotesca situación en Vigo co esperpento ocorrido no cemiterio de Mingorrubio onde se corearon esloganes franquistas e que son completamente ilegais segundo a consensuada "LEI DE MEMORIA HISTÓRICA". Pero claro... os restos de Franco non son esos que ían no medio do Kebap xigante senon os que ainda quedan nas institucións e teñen tanta influencia, o que se trasladou onte foi unha momia.

Reflexionade e xulgade vos mesm@s, e extrapolade esta actitude policial a outras manifestacións e concentracións que se producen no resto do territorio españo: Catalunya, Madrid, etc... Dicídeme que me equivoco, que non hai dobre raseiro, pero onte vino cos meus propios ollos.