martes, 19 de xuño de 2018

Mi vecino Totoro

Esta semana pasada un novo foco de infección apareceu nas nosas vidas, Aitor é unha cepa de Galguitis aguda extremadamente agresiva, con tan só miralo 2s xa estás contaxiad@. Esta enfermidade vai camiño de pandemia porque ata se transmite por redes sociais e móbil, se ves unha foto estás perdid@, se miras un vídeo morrerás de amor...


Encántame chamarlle a Aitor, "Mi vecino Totoro", "Torete" ou "Torito"... el foi encontrado en Sevilla e estivo nunha residencia ata que se foi de acollida a Tarragona para convivir con Mayte e familia. Torito é un can 10, un verdadeiro carameliño... Enseguida contaxiou de Galguitis a quen o coñeceu e non tardou moito e atopar unha casa en Vigo... O que pasou a continuación é de xulgado de garda...



A suposta familia guai que o adoptaba estaba disposta (ou eso dicían) a asumir o reto de deixarse contaxiar por Aitor. Se ve nos seus corazóns non había sitio para un virus tan molón como é a Galguitis... Devolveron ao can en unha semana porque non souberon afrontar un percance entre can e gato (sen males maiores)... Preferiron manter ao neno da familia nunha burbulla de luz e color antes que explicarlle que un gato enfadado bufa e un can ladra... Vía rápida, chamada telefónica a Rechi (delegada de G112 en Galicia) e como se un RMA (siglas inglesas que significan Return Merchandise Authorization -Autorización de Retorno de Mercancía-) se tratara: "queremos devolver ao can".



Ninguén entendeu nada e sen dubidar eu e a miña parella, enfermas terminais de Galguitis ofrecemos acollida ao Torete. Dende o minuto 1, por non dicir antes, gañouse un oco nas nosas vidas e na de algún membro máis do grupo de persoas afectadas pola Galguitis 112 en Galicia. Somos unha secta canina na que nos retroalimentamos de amor polo galgos e asumimos que desta enfermidade, unha vez se entra, non se pode saír.



Estoume dando conta de que hai xente inmune aos encantos de un paiaso bicolor, probablemente o que alberguen no corazón sexa xeo e non sinta máis mundo que o seu propio cu... non cabe outra explicación, Aitor non merecía ser devolto como unha mercadoría defectuosa se tratase... é un can perfecto: amigable, cariñoso, xogueton, feliz, besucón, activo e tranquilo á vez, sociable con todo canto bicho poidas imaxinar, delicado cos nenos, paiaso, torpón, gracioso... so se me ocorren adxectivos bos... de verdade que canto máis o penso menos o entendo...



Non se pode ser moi boa xente cando abandonas un can destas caracterísitcas sen escrúpulos, cando despois de escoitar a historia de maltrato dos galgos en España decides adoptar e devolver un can rescatado coma un obxecto... Non o entendo! Dame rabia pensar en casos como os de Aitor pero este Torete está con nós na casa e dóeme a alma... Sei que o seu destino é ser feliz e por eso non podía estar con esta "xente" (se se lle pode chamar eso)... el merece un final feliz para o seu conto, como o de Koi, o de Penny, e o de tantos outros... Espero que o karma faga o seu traballo e lle devolva á xente o que vai sementando por aí...



O meu veciño Totoro, un personaxe xenial... Pronto vai ser feliz no seu fogar definitivo, con unha familia que o queira por encima de todo, como o queremos hoxe nós. O día que marche vai ser duro, pero nos quedará a satisfacción de ter axudado a outro galgo a atopar o seu destino, igual que o fixemos con Penny.


venres, 15 de xuño de 2018

Non son obxectos, son seres vivos

Unha adopción canina debería ser coma ter un fillo, un compromiso para toda a vida. Decidir se adoptar un can ou non debería meditarse moito, analizar todas as posibles situacións incómodas nas que te podes ver envolt@ e discernir se estás dispost@ a afrontalas. Está claro que hai xente que non o pensa e imaxina o bonito e marabilloso que vai ser ter un amigo de catro patas. Pero ninguén é perfect@, nin os seres humanos nin as mascotas, en especial estas que son rescatadas da súa mala fortuna e que, demasiadas veces, traen unha mochila psicolóxica moi grande.


Eu non son perfecta e non son dona e señora da verdade absoluta pero en ocasións penso, e bastante... Cando a miña parella me falou de adoptar un galgo, de entrada rexeitei a idea. Non me gustaban os galgos por esa pinta de desgarbados e famélicos. Cando adoptamos a Lucky, un cachorro de can mestizo que non sabiamos como ía ser, comezamos a facer vida "zoocial", paseos e parques onde había xente con cans e alí coñecín de cerca a varios galgos. Enamoráronme.



Acudimos a internet e topamos a asociación Galgos 112, a través da cal decidimos adoptar, a delegada da zona nos fixo unha dura entrevista unha vez cubrimos o formulario pertinente. Recordo aquel día coma se fora onte, Rechi e Vero viñeron a coñecernos e contarnos as cousas que podían pasar con un lebrel. Podo dicir a día de hoxe que en lugar de animarnos a adoptar parecía que nos estaban dando motivos para non facelo, todo era malo, destruían mobiliario, choraban, eran escapistas, tiñan traumas psicolóxicos, eran asustadizos... Cando marcharon dixen "menudo percal, estamos dispostas a asumir todo esto?" a sensación foi de temor, dúbida, ... 



Maila todo decidimos que si, que adoptaríamos e que non nos importaba un animal con necesidades especiais. Aos poucos días recibimos unha mensaxe con unha descripción do que agora é o noso galgo, Koi. Aceptamos o candidato e pouco despois o fumos buscar. Hoxe estamos encantadas con este animal e por sorte é a excepción de todas as cousas malas que nos dixeron que podían pasar.



Entendo que non todos os galgos son coma Koi, entendo que hai situacións difíciles e se ir máis lonxe podo falarvos de Penny, a nosa primeira acollida. Galguiña de menos de un ano, un terror de enerxía frenética, un demonio de Tazmania (como Taz o dos debuxos)... Todos os días durante o tempo que estivo con nós dedicabamos horas a cansala para que na casa estivera tranquila... Houbo momentos nos que a miña parella pensou en desfacerse dela, era un estrés aguantar tanta enerxía, pasear con correa era un horror, pareciamos pasear un saltón de 17Kg (os brazos e a espalda destrozados polo esforzo), varios pises e cacas pola casa a diario... E pola noite esa doce cara de lápiz se pousaba sobre min e os males desaparecían.



Pronto apareceu unha adopción en Portugal, pasaron a entrevista e en pouco tempo Ana e Zé se personaron en Galicia para recoller á tola de Penny. Choramos ao despedirnos, a doce tolería de Penny marchaba a Coimbra... sentimentos encontrados, morriña e tristeza fronte a alivio e desestrés... hoxe sentimos satisfacción de ter axudado a Penny a atopar a felicidade, ser o seu trampolín é algo que enche a alma de boas sensacións, saber que gracias a alguén un ser tan adorable atopa a súa casa é indescriptiblemente agradable...



Pronto a tolería de Penny en Coimbra a levou a facer algúns destrozos, pises e cacas por doquier para non perder costume... Ana e Zé sempre falando do amor que sinten hacia ela maila que un día chegan a casa e se atopan o salón desfeito, papel hixiénico por todos lados, os sofás cubertos de aceite porque a Penny se lle ocorreu roubar unha botella na cociña e roela no sofá, vomitonas aceitosas, pises e cacas... Cando vin as fotos de aquel desastre pensei que Penny voltaría a España máis rápido que o vento pero Ana e Ze asumiron que son cousas que pasan e que seguían namorados dela... Eso é amor incondicional! Con Koi é moi fácil namorarse pero bravo por esa xente coma Ana e Ze que queren con todo o seu corazón á "maluca" (tola en portugués para que non o saiba) de Penny.



Se Koi fixera algo do que Penny fixo en Coimbra me pregunto se pensaría en devolvelo coma se duns zapatos se tratara. Gústame pensar que non, sempre hai alternativas coas que contar antes de coller o camiño fácil. Non devolvemos a Penny estando en acollida e tampouco devolveríamos á lixeira a Koi se nos fixera a vida difícil ao principio. Por este motivo non entendo cando alguén devolve a un can a Galgos 112 (no é unha mercadoría defectuosa que se pode descambiar), despois do proceso da información que che dan, da axuda que che brindan durante todo o proceso, apoio, consellos... Por moito que o penso non me cabe na cabeza!



O último caso me toca de cerca, Aitor, ven adoptado dous pisos máis arriba. Un can alegre, enérxico, compatible con outros animais, con nen@s... Un capricho que tarda dez días, dez!, en desinflarse... e todo porqué... Porque non o pensaron ben, por un encontronazo que tiveron can e gato no pasillo da casa... porque a persoa adulta que estaba no momento non foi capaz de reconducir e explicar ao pequeno da casa de que ás veces os animais se enfadan, que non son perfectos, e que os gatos maullan e bufan e os cans gruñen e ladran... algo tan simple a primeira vista..

luns, 11 de xuño de 2018

STAND SOLIDARIO G112 en Sufring The Lerez


Non perdas a oportunidade de vir a coñecer o noso Stand Solidario en Pontevedra o vindeiro sábado 16 de xuño, estaremos na Illa das Esculturas con un montón de detalles para o teu galgo e pode que haxa algo para ti! Non o dubides ven a coñecer a algúns focos infecciosos desta enfermidade que denominamos Galguitis Aguda.

O soño azul dos galgos

Esta entrada escribina hai uns meses en outro blog pero me parece que encaixa moi acertadamente neste novo espazo... Vovos contar unha historia que me namorou... Si, vai sobre cans, si... GALGOS... esas maxestuosas criaturas que hai algún tempo non me gustaban demasiado. Descoñecía a súa triste realidade no centro e sur da península ibérica. 

Hoxe podo dicir que me teñen namorada, e todo gracias a Galgos 112, Rechi, Koi, Penny, Leda, Boss... e por suposto á miña parella que sempre quixo adoptar a un... Pero non quería enrollamer moito nos detalles, aquí vai a historia que traducín pola miña conta: 

Di unha antiga lenda de non se sabe onde que os galgos cando soñan o fan en azul. Ninguén sabe moi ben o motivo deste feito pero segundo as xentes de un pobo perdido dunha montaña moi alta de Suiza, é polo seu desexo de chegar ao ceo cando saltan de alegría. É tal a sensación que nos deixa está información no corazón que se nos plantexaron algunhas dúbidas... 

Que pasa cando os nosos amados lebreles non son felices por non ter unha familia que os queira? Soñan en azul? Parece ser que cando un galgo non é querido e se abusa del, soña sombras por non poder ver máis alá da tristeza, a súa vida se lle volve turbia e non consiguen distinguir a cor da esperanza ou da ledicia. 

É posible, entón, devolverlle o soño azul a un galgo rescatado? A respostar non deixa lugar a dúbida, SI. O azul dos soños dos nosos galgos rescatados se volverá máis intenso e brillante, ata un punto inimaxinable, poden ver en azul ata cando están espertos porque se volven tan felices que xa non distinguen entre soño e realidade. 



Se adoptas un galgo, devólveslle a oportunidade de vivir unha vida de cor azul.

domingo, 10 de xuño de 2018

Paciente cero, Koi


Este é Koi, o paciente cero, a orixe da miña enfermidade. El naceu en algún lugar de Alicante, creceu e xa de adulto foi abandonado de moi malas formas á súa sorte. Por desgraza, non é un caso aillado, pero o motivo da creación deste blogue non é contarvos as atrocidades que algunha xente comete contra estos maxestuosos animais, a miña intención é contarvos como eles volven ser cans felices.

Por sorte Galgos 112 se fixo eco da situación na que se atopaba Koi na terra que o veu nacer, en lugar de mirar hacia outro lado, como moita xente fai, decideu axudarlle. Atopáronlle unha casa na que contaxiar de Galguitis a outra familia máis.

Da man de Koi nos deixamos infectar de amor hacia os galgos pero con unha mirada tan nobre como a del, é imposible non facelo. Non vos resistades a este virus, é marabilloso, deixádevos levar pola febre e contaxiar á súa vez a toda aquela boa persoa que coñezades, a calquera amante dos animais, ter galguitis aguda é un luxo que deberiamos experimentar todos os seres do planeta.

Como primeira entrada sei que non é gran cousa, pero dádeme tempo e este blogue tomará forma e iredes coñecendo a diferentes focos de infección.