xoves, 25 de outubro de 2018

I Anversario - Adopción PENNY

De esqurda a dereita (persoas): Ana, Lucy, Ze, Lupi (eu). Na fila de cans: Kabul, Penny, Leda, Koi e Lucky.

Hoxe é un día para recordar, un día triste en certa forma e alegre por saber que marcou un punto de inflexión o feito que ocorreu hai un ano. Xa vos falei de Penny, verdade? Xa hai un ano que se foi a vivir a Coímbra e parece que foi onte... Penny foi a nosa primeira acollida, o noso primeiro contacto directo con unha cachorra de galgo. Ela era (e en certo modo segue a ser) todo enerxía! Vela correr pola finca e xogar con Lucky era moi divertido e polas noites gostaba dos praceres dos mimos no sofá... Era unha cameladora e en certa forma o segue a ser (non hai quen lle bote unha bronca cando se porta mal coa cariña de boa que pon).

Non sei como describir a mistura de sentimentos que nos produceu a súa marcha... despois de un mes na nosa casa e visitas continuas á finca para tratar de cansala, Penny marchaba nun Volvo con Kabul (un galgo maior co que comparte vida) e os seus donos Ze e Ana... Nós quedabamos con Lucky e Koi despendido a aquela tola atrigada con bágoas nos ollos. Era triste despedirse de aquel ser tan entrañable pero enseguida comprobamos que ser o trampolín á súa familia definitiva che producía unha satisfacción case indescriptible... Penny é moi querida en Portugal, vive en Coímbra habitualmente e veranea en Praia Galé (no Algarve) fixo máis de unha trastada e os seus donos lonxe de enfadarse contaban cada tolería coma se de unha aventura se tratase...

Recordo cando Ana me contou que marcharon uns días a Italia, unha persoa se encargaba de sacar a Penny e Kabul a pasear varias veces ao día... se ve que aquelas incursións no mundo exterior non eran suficiente para a nosa "Maluca" preferida... cando Ze e Ana chegaron a casa se atoparon unha auténtica desfeita na casa... A Penny desmontou o salón, rompeu papeis pola casa e ata trasladou unha botella de aceite da cociña ao sofá onde se puxo a roela, o desparrame foi impresionante... Recibín algunha foto de aquel desastre e cando o vin non puiden máis que alucinar en colores ante tal escándalo... Ana me contaba entre risas e "emojis" o percal que se atoparon á súa volta de Italia... Aí comprendín que Penny encontrara a súa familia ideal (xa vos teño comentado que por menos se teñen devolto algúns cans adoptados)...

Penny ensinounos algo que pouca xente é capaz de afrontar, podes querer a un ser que está de acollida na casa coma se a túa mascota ou fose da túa familia pero que é importante deixar marchar... porque ese impás no que un can está contigo en acollida supón un gran paso na súa vida... non todo o mundo está disposto a asumir esa responsabilidade para despois deixar marchar... Ela foi o motivo que nos animou a facer unha segunda acollida que nos custou moito deixar ir (Aitor-Torito)... fariamos unha terceira acollida? Probablemente!

As casas de acollida en Galgos 112 (e para outras moitas asociacións sen refuxio) son vitais, son as faimilias que lle devolven a confianza no ser humano a cada animal rescatado, quen lles cura as feridas (físicas e psicolóxicas), son quen axuda a socializar a cans e cadelas que de por si son sociais por natureza e que por desgraza (en moitos casos) alguén lles arrebatou esa capacidade. Pero non queremos falar da parte triste da situación dos galgos e podencos neste país senon salientar o gran traballo de asociacións que, coma Galgos 112, axudan a devolver a dignidade a estos seres con cara de lápiz.
Grazas a toda a xente implicada neste proceso, a quen rescata, a quen acolle e a quen adopta... pero tamén a esas persoas que de algunha forma ou outra axudan na parte económica, na parte loxística, na compra de productos solidarios... a tod@s vos, GRAZAS! Sodes, ademáis dos animaliños, a miña inspiración para seguir colabrando nesta causa e con esta gran infección de Galgutis Aguda.
Penny, sigue a ser tan feliz coma sempre con Ana, Ze e Kabul... voltaremos a visitarte!

mércores, 24 de outubro de 2018

D.E.P Negri

Non é un galgo e nin sequera é un can pero era parte de familia... Hoxe veño con unha mala nova, a avoa gatuna da casa faleceu despois de unha boa vida tras máis de 20 anos na familia. Negri era o nome de aquela pequena gatiña que apareceu un día na casa, filla de algunha gata da rúa veu a parar (coma case todos os felinos da familia) á casa de miña nai en O Grove. Adoraba durmir con Peta nos días chuviosos de inverno... Sen a penas dentes os últimos meses da súa vida transcurriron entre sesta e sesta na compaña da nova incorporación gatuna Blanqui (a junior da casa).

Negri foi toda a vida unha gatiña moi especial, sempre ao seu rollo... pasaba as tardes de xuventude no galiñeiro cazando furonciños que despois traía como agasallo á porta da cociña, outras veces se adicaba a cazar paxariños, saltóns ou lagartos... Foi unha gata moi traballadora! Encantáballe a carne ou o polo, ainda que tampouco lle facía ascos a un bo xurel fresco... Nunca se relacionou moito cos outros gatos da casa (Ray e Patus) e dos cans pasaba un kilo (salvo da súa amiga Peta coa que acostumaba acurrucarse nos días de inverno).

Como boa gatiña doméstica adoraba as caricias e os mimos pero o simpático deste animaliño era as veces que se ía con miña nai á terra. Mentres ela poñíase panza arriba ao sol Mercedes (miña nai) pañaba, plantaba ou mesmo arrancaba herbas... Ah! Eso si, cando lle chegaba a hora de ir para casa ía onde a miña nai e se poñía a maullar informando de que había que marchar... Tiña unha voz moi curiosa, co paso dos anos o seu tono era como de desdén, unha voz gatuna grave de "paso de todo"... é complicado describir ese curioso tono con palabras escritas.

Negri so tivo gatiños unha vez na súa vida, pronto a esterlizamos pero chegou a ser mamá. Por desgraza un gato bravo da zona matoulle a única criatura que alumbrou na súa vida aos poucos días de nacer... Foi unha gata todo terreo e como tal chegou a pasar a maioría de idade humana... Este verán estivo desaparecida uns días e pensamos que para entón falecera, por sorte atopámola con unha infección de gorxa que tratamos coa nosa veterinaria de confianza, Sara de Proxecto Lagar. Pronto recuperou da infección e ainda que non gañou moito peso mantívose no seu retiro aocmpañada de Blanqui por momentos (os últimos días escondíase encima dun forno de pan que temos no que era a nosa cociña de fora).


Corre Negri querida, como me gustaba dicir que te parecías a Desdentao de "Cómo entrenar a tu dragón", con ese colmilliño que che quedaba xunto cos poucos dentes que che deixaran os anos... Non terás que enfrontarte a un novo inverno e sei que alá onde estés botarás de menos á túa amiga Peta... corre e busca dese lado do arcoiris á familia que coñeceches: Roxo, Cepi, Blaqui... eles guiarante por ese lugar onde me gusta pensar que están os seres queridos (humanos e animais) que un día formaron parte da miña vida.

martes, 23 de outubro de 2018

AMALIA

Amalia, unha beleza negra.

Nome: Amalia
Orixe: Dos Hermanas, Sevilla
Idade: 5 anos
Adora: os mimos e os paseos
Odia: quedar soa na casa
Nunha palabra: adorable

Breve historia: 
 
Amalia chegou á nosa casa hai xa case tres anos porque o peque da familia botaba moito de menos a Zas, o seu compañeiro de 4 patas que marchara a vivir unha nova vida á súa estreliña. Non quixemos coñecer a súa vida anterior porque para nós Amalia tiña que empezar unha nova vida feliz coa súa nova familia. Creemos siceiramente que agora é feliz. Os primeiros días só quería estar no xardín tumbada ao sol, pero pouco a pouco convencémola de que na casa ía estar moito mellor. Agora encántalle estar con nós e está moi tranquila cando nos escoita falar. Sabe que sempre vai estar moi protexida. Gústalle moito correr pola praia, xogar con outros cans e sobre todo os mimos que lle da o peque (ainda que ás veces se pon algo pesado). Como boa galga adora durmir no sofá e estar sempre acompañada, é unha máis da nosa familia e por iso A ADORAMOS!

Gloria e familia


----------- VERSIÓN EN CASTELLANO -----------


Nombre: Amalia
 Origen: Dos Hermanas, Sevilla
Edad: 5 años
Adora: los mimos y los paseos
Odia: quedarse en casa sola
En una palabra: adorable

Breve historia: 

Amalia llegó a nuestra casa hace casi tres años porque el peque de la familia echaba mucho de menos a Zas, su compañero de 4 patas, que se había ido a su estrellita a vivir una nueva vida. No quisimos conocer su vida anterior, porque para nosotros, Amalia tenía que empezar una nueva vida feliz con su nueva familia. Creemos sinceramente que ahora es feliz. Los primeros días solo quería estar en el jardín tumbada al sol, pero poco a poco la convencimos de que en casa iba a estar mucho mejor. Ahora le encanta estar con nosotros y está muy tranquila cuando nos escucha hablar. Sabe que siempre va a estar muy protegida. Le gusta mucho correr por la playa, jugar con otros perros y sobre todo los mimos que le da el peque (aunque a veces se pone un poco pesado). Como buena galga adora dormir en el sofá y estar siempre acompañada, es una más de nuestra familia y por eso LA ADORAMOS.

Gloria y familia

xoves, 18 de outubro de 2018

PENNY

Penny, 2017
Penny, agosto 2018 (igual de loca pero algo más grande)

Nome: Penny (Menny) 
Orixe: Nigrán, Pontevedra
Idade: 1 ano e medio 
Adora: facer tonterías, xogar a perseguir a algún can (en especial ao seu irmán de acollida Lucky), chapotear na augad os charcos ou dos barreños 
Odia: non o sei con seguiridad 
Nunha palabra: MALUCA (tola en portugués) 

Breve historia: 

Penny, a diferencia da maioría dos nosos caralápiz, apareceu en Nigrán (Pontevedra) como non é nada habitual atopar galgos abandonados en Galicia, sospeitamos que podía ser de algunha familia xitana ambulante que a perdeu ou deixou atrás ao pasar o periodo estival. Cando apareceu tiña uns 7-8 meses e Galgos 112 fíxose cargo da criaturiña, precisaba unha casa de acollida mentres pasaba o protocolo veterinario que garante o bo estado de saúde do animal ata a súa esterilización e posterior búsqueda de familia... a "enferma" que escribe estas palabras e a súa consorte non o pensaron moito e ofrecéronse... 

 Penny pasou un mes na nosa casa xunto con Lucky e Koi e nese tempo entendemos perfectamente o aviso que nos fixera Rechi (delegada de Galgos 112) no seu momento do que significa ter un galgo cachorro. Se un can "normal" como é Lucky é movido con 8 meses, Penny a esa idade era como ter cinco Luckys! Menos mal que tiñamos opción de irnos a unha finca cerrada para que corretease e desfogase toda esa enerxía galguil... 

Penny, ademáis de moito tempo, roubounos o corazón... esa cariña de lápiz a raías con un triángulo branco encima do nariz é para comela... Pronto apareceron en escea a que é hoxe a súa familia, Ana e Ze... desexaban unha cadela xoven para suplir a falta da súa galga Cora e darlle así unha nova irmá ao que a día de hoxe é o compañeiro de Penny, Kabul. Ana e Ze dende Portugal contactaron coa asociación e Penny encaixoulles ás mil marabillas, poucos días despois da aceptación do compromiso que supón adoptar a un galgo viñeron a buscala. Amor a primeira vista, Penny co matrimonio portugués e viceversa... Hoxe Penny vive entre Coímbra e o Algarve co seu irmá canino Kabul, un senior moi sensato e fermoso, xoga con outros cans na hípica onde traballa Ze e veranea en Praia Galé. Este verán fumos a visitar a esta familia tan adorable e comprobamos que Penny, hoxe Menny, é unha galguiña feliz e segue igual de tola que cando viveu con nós. Sempre será a nosa primeira acollida e como tal o noso primeiro amor transitorio... Ana e Ze queren á súa familia por encima de todo maila que nunha ocasión Penny case lles desmonta a casa rompendo papeis, arañando sofá e vaciando unha botella de aceite no salón... Pero como a propia Ana di "como vou ser dura con con esa cariña quen pon?", sei de xente que por bastante menos devolveu a un can adoptado (léase Torito)... E xa pasou case un ano dende que Penny se foi a vivir a Portugal... que recordos máis fermosos produce pensar que agora está na mellor casa que lle podía tocar!

 Lupi, Lucy, Koi e Lucky 


----------- VERSIÓN EN CASTELLANO ----------- 


 Nombre: Penny (Menny) 
Origen: Nigrán, Pontevedra 
Edad: 1 año y medio 
Adora: hacer tonterías, jugar a perseguir a algún perro (en especial a su hermano de acogida Lucky), chapotear en los charcos o barreño 
Odia: no lo sé con seguridad 
En una palabra: MALUCA (loca en portugués) 

Breve historia:


Penny, a diferencia de la mayoría de nuestros caralápiz, apareción en Nigrán (Pontevedra)... como no es nada habitual encontrar galgos abandonas en Galicia, sospechamos que podía ser de alguna familia gitana ambulante que la perdió o la dejó atrás al pasar el periodo estival. Cuando apareció tenía unos 7-meses y Galgos 112 se hizo cargo de la criatura, necesitaba una casa de acogida mientras pasaba el protocolo veterinario que garantiza el buen estado de salud del animal hasta su esterilización y posterior búsqueda de familia... la "enferma" que escriba estas palabras y su consorte no lo pensaron mucho y se ofrecieron

Penny pasó un mes en nuestra casa junto con Lucky y Koi y en ese tiempo entendimos perfectamente el aviso que nos hiciera Rechi (delegada de Galgos 112) en su momento de lo que significa tener un galgo cachorro. Si un perro "normal" como es Lucky es movido con 8 meses, Penny a esa edad ¡era como tener cinco Luckys! Menos mal que teníamos la opción de irnos a una finca cerrada para que corretease y desahogara toda esa energía galguil...

Penny, además de mucho tiempo, nos robó el corazón... esa carita de lápiz a rayas con un triángul blanco encima de la nariz es para comérsela... Pronto aparecieron en escena la que hoy es su familia, Ana y Ze... deseaban una perrita joven para suplir la falta de su galga Cora y darle así una nueva hermana al que a día de hoy es el compañero de Penny, Kabul. Ana y Ze desde Portugal contactaron con la asociación y Penny les encajó a las mil maravillas, pocos días después de la aceptación del compromiso que supone adoptar a un galgo vinieron a buscarla. Amor a primera vista, Penny con el matrimonio portugués y viceversa... Hoy Penny vive entre Coímbra y el Algarve con su hermano canino Kabul, un senior muy sensato y hermoso, juega con otros perros en la hípica donde trabaja Ze y veranea en Playa Galé.

Este verano fuimos a visitar a esta familia tan adorable y comprobamos que Penny, hoy Menny, es una galguita feliz y sigue igual de loca que cuando vivía con nosotras. Siempre será nuestra primera acogida y como tal nuestro primer amor transitorio... Ana y Ze quieren a su familia por encima de todo pese a que en una ocasión Penny casi les desmonta la casa rompiendo papeles, arañando sofá y vaciando una botella de aceite en el salón... Pero como sus propios dueños dicen "¿como vamos a ser duros con esa carita que pon? ¡Es imposible!", sé de gente que por bastante menos devolvió a un perro adoptado (léase Torito o Phoenix)... Y ya papsó casi un año desde que Penny se fue a vivir a Portugal... qué recuerdos más hermosos produce pensar que ahora está en la mejor casa que le podía tocar.

Lupi, Lucy, Koi y Lucky 

mércores, 17 de outubro de 2018

BAHÍA


Nome: Bahía 
Orixe: Linares, Jaén 
Idade: 3 anos 
Adora: xogar e o sofá 
Odia: os grupos de xente de máis de dúas persoas, os ruídos 
Nunha palabra: tripata 

Breve historia: 

Bahía foi atopada en Linares con unha pata dianteira en moi mal estado que non se puido recuperar, tivéronlla que amputar e maila eso fai vida normal: corre, salta xoga... coma se tivese catro patiñas. Na súa vida debeu sufrir moito porque lle custa confiar nas persoas e non se deixa acariciar, ten medo ata do vento e cando baixamos á rúa se ve un grupo de xente de dúas o máis persoas entra en pánico e trata de cobixarse detrás das nosas pernas. Ás veces temos que esperar a que a acera se despexe de xente para poder seguir coa nosa marcha. 

Leva tres meses con nós e, maila que queda moito camiño para recuperarse, na casa é súperxoguetona e encántalle trabarlle aos gatos, tenos fritos de tanto cachondeo. Con nós xoga moito e encántalle darnos pequenos bocadiños de amor. Cando pilla algo pola casa e o desfai despois pon cara de boa como de non ter roto un prato na súa vida. Adora xogar meténdose baixo as mantas ou con outros cans e como bo galgo o sofá é o seu trono e ela é a raíña. Danlle medo os pés das persoas (con ou sen calzado), a xente na rúa, os ruídos... esperamos de todo corazón de que pouco a pouco e con moita paciencia e amor se lle vaian pasando estes medos... 

Palmi e Eva 

 ----------- VERSIÓN EN CASTELLANO ----------- 

 Nombre: Bahía 
Origen: Linares, Jaén 
Edad: 3 años  
Adora: jugar y el sofá
Odia: los grupos de gente de más de dos personas, los ruidos... 
En una palabra: tripata 

Breve historia: 

Bahía fue encontrada en Linares con una pata delantera en muy mal estado que no se pudo recuperar, se la tuvieron que amputar pero pese a ello hace una vida normal: corre, salta, juega... como si tuviese cuatro patitas. En su vida debió sufrir mucho porque le cuesta confiar en las personas y no se deja acariciar, tiene miedo hasta del viento y cuando bajamos a la calle si ve a un grupo de gente de dos o más persoas entra en pánico y se intenta cobijar detrás de nuestras las piernas. A veces tenemos que esperar a que la acera se despeje de gente para poder seguir con nuestra marcha. 

Lleva tres meses con nosotras y, aunque todavía queda mucho camino para recuperarse, en casa es súper juguetona y le encanta mordisquear a los gatos, los tiene fritos de tanto cachondeo. Con nosotras juega muchísimo y le encanta darnos pequeños mordisquitos de amor. Cuando pilla algo por casa y lo destroza después pone carita de buena como de no haber roto un plato en su vida. Adora jugar metiéndose bajo las manta o con otros perros y como buen galgo el sofá es su trono y ella es la reina. Le dan miedo los pies de las personas (con o sin calzado), la gente en la calle, los ruidos... esperamos de todo corazón que poco a poco y con mucha paciencia y amor se le vayan pasando estos miedos. 

Palmi y Eva

luns, 8 de outubro de 2018

Vacacións

Esta semana estaremos desconectad@s das redes e do blogue... Estamos de vacacións cos nosos amigos caninos en Las Cabañitas del Bosque, un lugar perfecto para vir cosas teus peludos.

xoves, 4 de outubro de 2018

DÍA INTERNACIONAL DOS ANIMAIS

Hoxe é un día normal e coma cada mañá marugo para ir á oficina, érgome da cama, ducha, almorzo, mimos a Lucky e a Koi, unha chuche para os amigos de catro patas, coche e veña... a traballar! Ata aí nada fora do normal... Que sorpresa me levo cando ao abrir unhas das ferramentas informáticas que empregamos no traballo me sorprende co que ata o momento pasara por alto:

HOXE É O DÍA MUNDIAL DOS ANIMAIS!!

Para celebralo e recordarnos a cada unha das persoas empregadas nesta multinacional os compañeiros de sistemas nos agasallan coa seguinte imaxe:
Unha compañía multinacional coma na que traballo non debería colaborar con causas sociais/animalistas para facer deste mundo algo mellor. De pouco sirve poñer unha foto ou facer un evento de cara a amenizar ao persoal na súa xornada laborar se non hai unha contribución real, xa sexa monetaria, formativa... Non sei quizáis poida propoñer á empresa que colabore coa miña asociación favorita e que tanto menciono neste blogue...

En fin, quería desexarvos que pasedes un día estupendo na compaña dos vosos animáis favoritos. No meu caso pasareino con Lucky e Koi, para non variar... pero non quixera rematar este artigo sen mencionar aos que hoxe non están dende onde escribo (Vigo) pero que son importantes e se atopan na casa de miña nai: Negri (gatiña de uns 20-21anos), Ray e Patus (irmáns gatunos de 10 anos), Blanqui (gatiña de uns seis meses) e por suposto a avoa canina PETA (de 15 anos e medio) e o tolo da familia (que presentarei en vindeiros post) Tomi... 

Os animais foron sempre unha constante na nosa casa, cans e gatos, pero tamén galiñas, coellos e porcos... cadaquén no seu estatus, uns como membros da familia e outros coma sustento alimentario (haberá a quen non lle guste pero é a realidade dunha sociedade en parte mariñeira, en parte granxeira... pero procurade deixar as descalificacións e os insultos para outro momento). Para min as miñas mascotas son parte da miña familia, non son os meus fillos pero eu para eles son a súa nai...

Peta, Tomi, Koi e Lucky o domingo ao chegar á praia.
Ogallá chegue un día no que non teñamos que celebrar o día polo respeto aos animais ou día internacional do galgo... ogallá chegue un día no que os animais sexan tratados con respecto e dignidade por parte de todos e cada un dos seres humanos deste planeta... un día no que se remate o maltrato animal, o abandono, esa tortura taurina á que algúns se empeñan en chamar cultura, a caza por diversión e deporte, ... quizáis pido moito á xente e ata que ese día chegue, se ves maltrato en algures... DENUNCIA... se ves un animal abandonado... NON MIRES A OUTRO LADO... Axuda a aqueles seres que o ser humano abandonou e trata de ser persoa... Mentres tanto, FELIZ DÍA INTERNACIONAL DOS ANIMAIS!


PD: Que non me salten con que se hai persoas que tamén son explotadas, abandonadas, maltratadas... ese é outro tema diferente, este blogue é para falar dos nosos peludiños. O día que o ser humano sexa verdadeiramente humano, non haberá que facer estos chamamentos e empezará a tratar ben a todas as persoas sen distinción e incluso ás outras formas de vida.

PONCHO


Nome: Poncho
Orixe: Linares, Jaén
Idade: 3 anos
Adora: salir ao seu paseo polo monte e apoderarse do sofá antes que os meus outros cans
Odia: a choiva e meterse na auga
Nunha palabra: amoroso e mimosísimo 

Breve historia: 

Non sei nada da súa vida anterior que imaxino triste como a de case todos os cans explotados ou abandonados. A súa boa vida empza agora e esa é a realmente importante. Chegou a min cando unha das miñas tres cadelas (a miña Billy adorada) estaba enferma. 

O caracter amoroso de Poncho con ela foi extraordinario maila que temía que a mastina Billy se impuxera... pero é difícil impoñerse a un Poncho sumiso e que non lle discute sequera ao meu caniche malhumorado.É un pillabán cando podo, pero cada vez menos, e cando fai algo malo se autocastiga na súa mantiña poñendo cariñas. A anécdota favorita da xente é cando saiu polo portalón da casa e desapareceu un longo rato... eu co coche buscándoo cando o vexo vir con unha galiña na boca que trouxo a modo de agasallo. El viña todo feliz co súa coliña en alto...

A súa alegría ao verme coa roupa de ir aos campiños é contaxiosa e fai que todos saiamos da casa ainda máis contentos.Así é el! Sempre contento, saltando e dando xiros no aire ao recibirnos ou mesmo cando saco a correa. Busca mimos de todos e usando as camas dos outros cans trata de indicarnos que el xa ten un sitio na familia. E certo é que el xa ten un sitio na nosa casa e por suposto nos nosos corazóns.

Puri e familia


----------- VERSIÓN EN CASTELLANO -----------



Nombre: Poncho
Origen: Linares, Jaén
Edad: 3 años
Adora: salir a su paseo por el monte y apoderarse del sofá antes que mis otros perros
Odia: la lluvia y meterese en el agua
En una palabra: amoroso y mimosísimo

Breve historia:

No sé nada de su vida anterior que imagino triste como la de casi todos los perros explotados o abandonados. Su buena vida empieza ahora y esa es la realmente importante. Llegó a mi cuando una de mis tres perris, mi Billy adorada, estaba malita. 

El carácter amoroso de Poncho con ella ha sido extraordinario. Yo temía que mi mastina Billy se impusiese, pero es dificil imponerse a un Poncho sumiso y que no le discute, ni siquiera a mi caniche malhumorado. Es ladronzuelo cuando puede, pero cada vez menos, y cuando hace algo malo se autocastiga en su mantita poniendo caritas. 

La anécdota favorita es la de cuando salió por el portalón de casa y desapareció un rato largo... yo con el coche buscando cuando lo veo venir con una gallina en la boca a modo de regalo!! Él venía todo feliz con su rabito en alto. Su alegría al verme con la ropa de ir a los campitos hace que todos salgamos de casa aún más contentos.

Así es él! Siempre contento, saltando y dando giros en el aire al recibirnos o mismo cuando saco su correa. Busca mimos de todos y usa las camas de todos los otros perros trantando de indicarnos que él tiene un sitio en la familia . Y cierto es que él ya a tiene su sitio en nuestra casa y por supuesto en nuestros corazones.

Puri y familia

mércores, 3 de outubro de 2018

SATÉN


Nome: Satén
Orixe: Dos Hermanas, Sevilla
Idade: 4 aniños recén cumpridos o día 1 de outubro
Adora: os mimos por encima de todo, o sofá e comer (non deixes nada ao seu alcance porque é un ladronzuelo)
Odia: as escobas, fregonas, bastóns... (danlle moito medo)
Nunha palabra: teñen que ser dúas, mimoso e alocado

Breve historia:

Satén apareceu atado xunto á súa irmá Seda a un quitamedos de unha autovía en Dos Hermanas (Sevilla) ata que unha rapaza os veu e deu o aviso. Pasou tres meses nunha residencia e tres semanas en Tarragona coa súa familia de acollida coa que seguimos a ter relación.

Un documental despertou o meu interese sobre os galgos pero non foi ata pasados uns anos cando ao atoparnos paseando un día con un galgo recén adoptado coñecemos a súa historia e a miña filla Claudia, de cinco anos, deume o empurrón que precisaba para tomar unha das mellores decisións da miña vida.

Que longa a espera ata que chegou a casa e que emocion ver como pouquiño a pouco Satén ía confiando máis en nós. Só os que padecemos esta marabillosa "galguitis aguda" o que supón ese momento no que por primeira vez te busca no sofá para apoiarse en ti. Satén non é o típico galgo delicado, el é unh galgazo que che da amor toooodo o rato e os seus recibimimentos son sempre moi intensos... todo alegría! Pode pasar horas e horas no sofá, pero nunca faltan os seus momentos de loucura de comezar a correr por toda a casa tirando os seus xoguetes ao aire e movendo o seu rabiño feliz. É un paiasete mimoso.

Dalia e familia

----------- VERSIÓN EN CASTELLANO -----------

Nombre: Satén
Origen: Dos Hermanas, Sevilla
Edad: 4 añitos recién cumplidos el día 1 de octubre
Adora: los mimos por encima de todo, el sofá y comer (no te dejes nada a su alcance porque es un ladronzuelo)
Odia: las escobas, fregonas, bastones... (le dan mucho miedo)
Nunha palabra: tienen que ser dos, mimoso y alocado

Breve historia:

Satén apareció atado junto a su hermana Seda a un quitamiedos de la autovía en Dos Hermanas (Sevilla) hasta que una chica los vio y dio aviso. Pasó tres meses en una residencia y tres semanas en Tarragona con su familia de acogida, con la que seguimos teniendo relación.

Un documental había despertado mi interés sobre los galgos pero no fue hasta pasados unos años cuando nos encontrarnos paseando un día con un galgo recién adoptado conocemos su historia y mi hija Claudia, de cinco años, me dio el empujón que necesitaba para tomar una de las mejores decisiones de mi vida.

Qué larga la espera hasta que llegó a casa y qué emoción ir viendo como poquito a poco Satén iba confiando más en nosotros. Sólo los que padecemos esa maravillosa "galguitis aguda" sabemos lo que supone ese momento en el que por primera vez te busca en el sofá para apoyarse a ti. No es el típico galgo delicado, él es un galgazo que te da amor tooodo el tiempo y sus recibimientos siempre son muy intensos... ¡todo alegría! Puede pasarse horas y horas en el sofá, pero nunca faltan sus momentos de locura de empezar a correr por toda la casa tirando sus juguetes al aire moviendo su colita feliz. Es un payasete mimoso.

Dalia y familia

luns, 1 de outubro de 2018

TEO


Nome: Teo
Orixe: Sanlúcar de Barrameda, Cádiz
Idade: 6 años e medio
Adora: Correr e chapotear na auga (mar, ríos, estanques...), adora durmir. E as chavalas!… É un conquistador canino.
Odia: Que o bañen (si, incongruencia absoluta)

Breve historia: 

Teo apareceu vagando soiño con unos 6-7 meses pola praia de Sanlúcar. Foi levado a unha veterinaria que colaboraba con protectoras de galgos, e de ahí o mandan a unha casa de acollida en Tarragona onde o coidaron de marabilla durante pouco tempo porque xa nos mandaron as súas fotos e nos contaron a súa historia... enseguida decidimos que el sería o novo membro da familia.


¿Por que adoptamos un galgo? Sempre tivemos cans ou gatos, ou cans e gatos. Despois de perder aos nosos compañeiros caninos e felinos de vellos costou moito pensar en adoptar de novo. Pero no verán de 2012, unha feira de adopcións na rúa nos cambiou os esquemas habituais. Ese día os nosos ollos se cravaron nos de un galgo que alguén levou ao evento.
Puxémonos en contacto con varias protectoras de galgos e comezamos todo o proceso: ler moito sobre a problemática dos galgos nos estado, as súas características, falar con xente da asociación, encher cuestionarios, recibir visitas de inspección para ver se a nosa casa era adecuada... Mandaron fichas de varios cans ata que nos atopamos con Teo.
Así puxemos un galgo na nosa vida. Non é un galgo convencional (acaso algún o é?), é moi grande e musculoso. Encántalle a auga e durme máis de 12h seguidas (gañador indiscutible do priemio "Bacalao" na súa primeira edición en abril de 2018 con Galgos 112 Galicia), sociable con nenos, adultos e con outros cans. Encántalle botar carreiras en espazos abertos, solo ou con amigos caninos. Acompáñanos case a calquera lugar xa que se comporta de xeito excelente. Non ten medo aos ruidos coma petardos ou fogos artificiais. Pero por enriba de todo é bo, moi bo.

Teo cambiounos a vida e agasallounos con un grupo marabillos de amigas e amigos igualmente enganchad@s a esto da Galguitis Aguda.


Susana e Antón



------------------------- VERSIÓN EN CASTELLANO -------------------------


Nombre: Teo
Origen: Sanlúcar de Barrameda, Cádiz
Edad: 6 años y medio
Adora: Correr y chapotear en el agua (en el mar, ríos, estanques). Dormir. Y las chicas… Es un conquistador perruno.
Odia: Que lo bañen (sí, incongruencia absoluta)

Breve historia: 

Teo apareció vagando solito con unos 6-7 meses por la playa de Sanlúcar. Fue llevado a una veterinaria colaboradora con protectoras de galgos, y de ahí lo enviaron a una casa de acogida en Tarragona donde lo cuidaron de maravilla durante poco tiempo, porque ya nos mandaron sus fotos y nos contaron su historia… enseguida decidimos que él era el nuevo miembro de nuestra familia.
¿Por qué adoptamos un galgo? Siempre hemos tenido perros, o gatos... o perros y gatos. Después de perder a nuestros últimos compañeros perrunos y gatunos de viejitos nos costó mucho pensar en adoptar de nuevo. Pero el verano de 2012, una feria de adopciones en la calle de repente nos cambió los esquemas habituales. Ese día se nos quedaron clavados los ojillos de un galgo que alguien llevó al evento.
Nos pusimos en contacto con varias protectoras de galgos y empezamos todo el proceso: leer mucho sobre la problemática de los galgos, sus características, hablar con la gente de la asociación, rellenar cuestionarios, recibir visitas de inspección para ver si nuestra casa era adecuada.....Nos mandaron fichas de varios perros, hasta que de repente nos encontramos con Teo.
Así que...hemos puesto un galgo en nuestra vida.
No es un galgo convencional (¿alguno lo es?), es muy grande y musculoso. Le encanta el agua, duerme más de 12 horas seguidas (ganador indiscutible del premio “Bacalao”  en su primera edición en abril del 2018 con Galgos112 Galicia), sociable con niños, adultos y con otros perros. Le encanta echarse unas carreras por espacios abiertos, solo o con amigos perrunos. Nos acompaña a casi cualquier lugar ya que se comporta de maravilla. No tiene miedo a los ruidos como los petardos o fuegos. Pero por encima de todo es bueno, muy bueno. 

Teo nos ha cambiado la vida y nos ha regalado a un grupo maravilloso de amigas y amigos igualmente enganchados a esto de la galguitis aguda.

Susana y Antón