xoves, 4 de outubro de 2018

DÍA INTERNACIONAL DOS ANIMAIS

Hoxe é un día normal e coma cada mañá marugo para ir á oficina, érgome da cama, ducha, almorzo, mimos a Lucky e a Koi, unha chuche para os amigos de catro patas, coche e veña... a traballar! Ata aí nada fora do normal... Que sorpresa me levo cando ao abrir unhas das ferramentas informáticas que empregamos no traballo me sorprende co que ata o momento pasara por alto:

HOXE É O DÍA MUNDIAL DOS ANIMAIS!!

Para celebralo e recordarnos a cada unha das persoas empregadas nesta multinacional os compañeiros de sistemas nos agasallan coa seguinte imaxe:
Unha compañía multinacional coma na que traballo non debería colaborar con causas sociais/animalistas para facer deste mundo algo mellor. De pouco sirve poñer unha foto ou facer un evento de cara a amenizar ao persoal na súa xornada laborar se non hai unha contribución real, xa sexa monetaria, formativa... Non sei quizáis poida propoñer á empresa que colabore coa miña asociación favorita e que tanto menciono neste blogue...

En fin, quería desexarvos que pasedes un día estupendo na compaña dos vosos animáis favoritos. No meu caso pasareino con Lucky e Koi, para non variar... pero non quixera rematar este artigo sen mencionar aos que hoxe non están dende onde escribo (Vigo) pero que son importantes e se atopan na casa de miña nai: Negri (gatiña de uns 20-21anos), Ray e Patus (irmáns gatunos de 10 anos), Blanqui (gatiña de uns seis meses) e por suposto a avoa canina PETA (de 15 anos e medio) e o tolo da familia (que presentarei en vindeiros post) Tomi... 

Os animais foron sempre unha constante na nosa casa, cans e gatos, pero tamén galiñas, coellos e porcos... cadaquén no seu estatus, uns como membros da familia e outros coma sustento alimentario (haberá a quen non lle guste pero é a realidade dunha sociedade en parte mariñeira, en parte granxeira... pero procurade deixar as descalificacións e os insultos para outro momento). Para min as miñas mascotas son parte da miña familia, non son os meus fillos pero eu para eles son a súa nai...

Peta, Tomi, Koi e Lucky o domingo ao chegar á praia.
Ogallá chegue un día no que non teñamos que celebrar o día polo respeto aos animais ou día internacional do galgo... ogallá chegue un día no que os animais sexan tratados con respecto e dignidade por parte de todos e cada un dos seres humanos deste planeta... un día no que se remate o maltrato animal, o abandono, esa tortura taurina á que algúns se empeñan en chamar cultura, a caza por diversión e deporte, ... quizáis pido moito á xente e ata que ese día chegue, se ves maltrato en algures... DENUNCIA... se ves un animal abandonado... NON MIRES A OUTRO LADO... Axuda a aqueles seres que o ser humano abandonou e trata de ser persoa... Mentres tanto, FELIZ DÍA INTERNACIONAL DOS ANIMAIS!


PD: Que non me salten con que se hai persoas que tamén son explotadas, abandonadas, maltratadas... ese é outro tema diferente, este blogue é para falar dos nosos peludiños. O día que o ser humano sexa verdadeiramente humano, non haberá que facer estos chamamentos e empezará a tratar ben a todas as persoas sen distinción e incluso ás outras formas de vida.

Ningún comentario:

Publicar un comentario