domingo, 10 de xuño de 2018

Paciente cero, Koi


Este é Koi, o paciente cero, a orixe da miña enfermidade. El naceu en algún lugar de Alicante, creceu e xa de adulto foi abandonado de moi malas formas á súa sorte. Por desgraza, non é un caso aillado, pero o motivo da creación deste blogue non é contarvos as atrocidades que algunha xente comete contra estos maxestuosos animais, a miña intención é contarvos como eles volven ser cans felices.

Por sorte Galgos 112 se fixo eco da situación na que se atopaba Koi na terra que o veu nacer, en lugar de mirar hacia outro lado, como moita xente fai, decideu axudarlle. Atopáronlle unha casa na que contaxiar de Galguitis a outra familia máis.

Da man de Koi nos deixamos infectar de amor hacia os galgos pero con unha mirada tan nobre como a del, é imposible non facelo. Non vos resistades a este virus, é marabilloso, deixádevos levar pola febre e contaxiar á súa vez a toda aquela boa persoa que coñezades, a calquera amante dos animais, ter galguitis aguda é un luxo que deberiamos experimentar todos os seres do planeta.

Como primeira entrada sei que non é gran cousa, pero dádeme tempo e este blogue tomará forma e iredes coñecendo a diferentes focos de infección. 



1 comentario:

  1. Increíble su capacidad de seguir amando y confiando en el ser humano

    ResponderEliminar