sábado, 1 de setembro de 2018

LUCKY

Nome: Lucky
Orixe: Ogrobe, Pontevedra
Idade: 2 anos e medio
Adora: as pelotas de tenis, o mar, o río, a piscina (calquera masa de auga na que poida nadar), aos galgos e aos mastíns
Odia: que os cachorros lle toquen as narices, que o cepillen co Furminator
Nunha palabra: querubín

Breve historia: 
Lucky foi un can froito de unha camada non desexada de marzo de 2016, coma moitos outros da súa especie, os seus donos iniciais decidiron que os seus irmáns non eran dignos de seguir neste mundo e non me preguntedes como ou porqué desapareceron da faz da terra. Lucky foi o afortunado, de aí o seu nome pero tamén ven pola guerra das galaxias Luke Skywalker (pero era demasiado longo o nome para un can tan pequeniño). Lucky foi asignado ás súas donas cando estaban fora do país, sen tempo para pensalo. Enseguida se enamoraron daquela boliña loira con nariz rosa; optaron por quedar con el no momento que o coñeceron. As primeiras semanas de vida creceu nunha casa con xardín na que vivían outros cans e gatos polo que o de ser sociable estaba asegurado. En maio trasladouse de domicilio, primeiro coñeceu a Peta e ao resto de animais da casa e despois trasladouse a Vigo.

Pronto comezou a coñecer a moita xente a outros conxéneres caninos, ata fixo pandilla na Praza da Miñoca: Audrey, Luna, Bogart, Lana, Lola, Venus, ... Ao principio todo parecía un trabalinguas: Lupi, Lucy e Lucky (proba a decilo moi rápido varias veces seguidas)... os mimos en exclusiva para el pero as noites eran un pouco insportables, Lucky choraba moito e a penas deixaba durmir ás donas. Ante grandes males, grandes remedios... Traerlle un irmán maior, esa era a solución. Non tardou moito en chegar Koi, un galgo adoptado a través de Galgos 112, un senior con necesidades especiais. Lucky deixou de chorar polas noites e pasou de durmir na súa cama na habitación das súas donas a durmir no salón co seu novo irmán. O puzle estaba completo e o equilibrio reinaba por doquier, a xuventude de Lucky se vía compensada coa serenidade e tranquilidade do seu irmán. Hoxe son unha familia feliz que pasa as vacacións e días libres na casa de Peta ou de viaxe por aí.


----------- VERSIÓN EN CASTELLANO -----------

Nombre: Lucky
Origen: O Grove, Pontevedra
Idade: 2 años y medio
Adora: las pelotas de tenis, el mar, el río, la piscina (cualquier masa de agua en la que pueda nadar), a los galgos y a los mastines
Odia: que los cachorros le toquen las narices, que lo cepillen con el Furminator
Nunha palabra: querubín

Breve historia:
Lucky fue un perro fruto de una camada no deseada de marzo de 2016, como otros muchos de su especie, sus dueños iniciales decidieron que sus hermanos no eran dignos de seguir en este mundo y, no me preguntéis, cómo o por qué, desaparecieron de la faz de la tierra. Lucky fue el afortunado, de ahí su nombre pero también viene por la Guerra de las Galaxias, Lucke Skywalker (era demasiado largo el nombre para un perro tan pequeñito). Lucky fue asignado a sus dueñas cuando estaban fuera del país, sin tiempo para pensarlo. Enseguida se enamoraron de aquella bolita rubia con nariz rosa; optaron por quedárselo en el momento que se conocieron. Las primeras semanas de vida creció en una casa con jardín en la que vivían otras perros y gatos por lo que de ser sociable estaba asegurado. En mayo se trasladó de domicilio, primero conoció a Peta y al resto de animales de casa y después se trasladó a Vigo.

Pronto comenzó a concer a mucha gente y a otros congéneres caninos, hasta hizo pandilla en la Plaza de la Miñoca: Audrey, Luna, Bogart, Lana, Lola, Venus... Al principio todo parecía un trabalenguas: Lupi, Lucy y Lucky (prueba a decirlo muy rápido varias veces seguidas)... los mimos en exclusiva para él, pero las noches eran un poco insportables porque Lucky lloraba mucho y a penas dejaba dormir a sus dueñas. Ante grandes males, grandes remedios... Trarle un hermano mayor, ¡esa era la solución! No tardo mucho en llegar Koi, un galgo adoptado a través de Galgos 112, un senior con necesidades especiales. Lucky dejó de llorar por las noches y pasó de dormir en su cama en la habitación de sus dueñas a dormir en el salón con su hermano. El puzle estaba completo y el equilibrio reinaba por doquier, la juventud de Lucky se veía compensada con la serenidade y tranquilidad de su hermano. Hoy son una familia feliz que pasa las vacaciones y los días libres en casa de Peta o de viaje por ahí.

Ningún comentario:

Publicar un comentario