sábado, 25 de agosto de 2018

PETA



Nome: Peta
Orixe: Ogrobe
Idade: 15 anos e medio
Adora: que lle den mimos, durmir coa súa amiga gatuna Negri de 21 anos, estar a carón da súa dona
Odia: as moscas, os cans grandes que a bañen (en xeral a auga)
Nunha palabra: entrañable

Breve historia 
Peta é a única femia de unha camada non desexada de un veciño de miña nai en Ogrobe, por sorte tanto ela coma o seus irmáns atoparon fogar rápidamente. Esta camada veu a luz hai xa case 16 anos e de toda esa familia canina Peta é a única que sobrevive a día de hoxe. Creceu entre gatos e humanos, foi feliz durante a maioría da súa vida pero hai algo máis de dous anos a súa sorte cambiou. A mala sorte propiciou un incidente que remataría mal para a nosa Peta, unha Stafford Americana escapou dun garaxe e enzarzouse con ela.Consecuencias: fractura aberta da pata dianteira dereita, desgarro de unha gran parte da pel do pescozo e dislocación da articulación da pata traseira dereita. Tras tres meses de curas e varias intervencións cirúrxicas, Peta queda sen unha das patas dianteiras, as cicatrices do pescozo curan ben e da pata traseira do lado dereito queda bastante tocada. Como resultado temos a unha cadela pequena anciana á que lle costa camiñar, pero ela se adapta e é feliz. Nos últimos 18 meses as cataratas dos ollos comezan a avanzar, a mobilidade da nosa pequena Peta se vai mermando ata o punto no que a día de hoxe camiña pouco. Os anos non pasan en balde e todo o que non envellecera en anos anteriores precipitouse nesta última época.

Peta será sempre a nosa adorable boliña de pelo blanco á que lle encanta perseguir gatos que non son da casa, coa que temos que berrar para que coma (da igual o alimento que lle poñas, cada toma é unha bronca), a que pide para saír en caso de necesidade vital, a que atura a todos os animais da casa... Unha nai que coidou de tres bebés gatunos e a varios pitos de miña nai... todo un exemplo de cadela! Por todo esto e por moito máis imos a querela ata o infinito e máis alá.

FIRMADO: A familia de Peta

--------- VERSIÓN EN CASTELLANO  ---------

Nombre: Peta
Origen: O Grove
Edad: 15 años y medio
Adora: que le den mismo, dormir con su amiga gatuna Negri de 21 años, y estar pegada a su dueña
Odia: las moscas, los perros grandes y que la bañen (en general el agua)
En unha palabra: Entrañable

Breve historia
Peta es la única hembra de una camada no deseada de un vecino de mi madre en O Grove, por suerte ella y sus hermanos encontraron hogar rápidamente. Esta camada vio la luz hace casi 16 años y de toda esa familia canina Peta es la única que sobrevive a día de hoy. Creción entre gatos y humanos, fue feliz la mayor parte de su vida pero hace algo más de dos años su suerte cambió. La mala suerta propició un incidente que remataría mal para Peta, una Staffor Amerciana se escapó de un garaje y se enzarzó con ella. Consecuencias: fractura abierta de la pata delantera derecha, desgarro de una gran parte de la piel del cuello y dislocación de la articulacion de la pata trasera derecha. Tras tres meses de curas y varias intervenciones quirúrjicas, Peta queda sin una de sus patas delanteras, las cicaatrices del cuello curan bien y la pata trasera del lado derecha queda bastante tocada. Como resultado tenemos a una perra pequeña anciana a la que le cuesta caminar, pero ela se adapta y es feliz. En los últimos 18 meses las cataratas de los ojos comienzan a avanzar y la movilidad de nuestra pequeña Peta merma hasta el punto en el que a día de hoy camina poco. Los años no pasan en balde y todo lo que no envejeciera en años anteriores se precipitan en esta última época.
Peta será siempre nuestra adorable bolita de pelo blanco a la que le encanta perseguir gatos que no son de casa, con la que discutimos para que coma (da igual el alimento que le pongas, cada atoma es una bronca), la que pide para salir en caso de necesidad vital, la que aguanta a todos los animales de casa... Unha madre que cuidó a tres bebés gatunos y varios pollitos de mi madre... todo un ejemplo de perra. Por todo esto y por mucho más la vamos a querer hasta el infinito y más allá.

Peta será sempre a nosa adorable boliña de pelo blanco á que lle encanta perseguir gatos que non son da casa, coa que temos que berrar para que coma (da igual a comida que lle poñas, cada toma é unha bronca), a que pide para saír en caso de necesidade vital, a que atura a todos os animais da casa... Unha nai que coidou de tres bebés gatunos e a varios pitos de miña nai... todo un exemplo de cadela! Por todo esto e por moito máis imos a querela ata o infinito e máis alá.
FIRMADO: La familia de Peta

Ningún comentario:

Publicar un comentario