sábado, 25 de agosto de 2018

Post-vacacional

O verán ainda non rematou mais a "volta ao cole" está á volta da esquina... O verán 2018 vaise ir despedindo con moitas novidades e bos momentos, outros non tanto... Centrémonos no bo. Este ano puiden coñecer un anxo con cara de lápiz de dúas cores, blanco e negro, un paiaete mimoso ao que lle encanta facer o tonto para gañar mimos... Sabedes por onde vou? Si, Torito... Aitor para Galgos 112.

Torito foi devolto dúas veces tras ser adoptado, o cabreo que collemos na súa casa de acollida foi monumental. Sen entrar en detalles a responsable de zona de La Rioja meteu a pata ata o fondo con esta adopción fallida, non quero entrar a calificar a esta persoa pero direi que me fixo sentir moi mal. Como quedamos en que iamos centrarnos no bo teño que informar que Torito está novamente en Galicia, contento e feliz coma unha lombriz... eso é o bonito das cousas, que maila que non sempre van ben hai un can que non se queda traumatizado.

Na viaxe de rescate a Logroño para recuperar a Torito, trouxemos a dous galgos máis que está adoptados a día de hoxe en Vigo:
  • Bahía, unha galga xoven preciosa de tres patas que comparte piso con outra cadela, dous gatos e dúas humanas. Ten medo da xente pero na casa é todo un amor .
  • Phoenix, un avó canoso como Koi, ao que decidiron despachar despois de 10 anos adoptado, move a cola coma se fose un helicóptero e convive con outra caralápiz Galia.

Por outra banda, falando do George Clooney dos galgos, Koi foi visitado pola responsable de zona de Alicante, lugar do que provén. Quedamos, como é habitual en Galicia, a redor dunha mesa con comida e moita xente, moi bo rollo e uns cantos bichos de catro patas. Este reencontro produceuse xusto despois dunha viaxe a Portugal onde nos reencontramos coa nosa primeira acollida, Penny. Cantas emocións, canta alegría ver a outra cara de lápiz sen traumas no seu hábitat natural, xogando con Lucky como o fixera o outubro pasado. Case se me saltan as bágoas de alegría.

E na casa de miña nai, ademáis de Peta (a pequena sin raza de tres patiñas) entrou en acollida outro can, o pequeno Tomasín (alias Seguritas), que finalmente se quedará a vivir alí felizmente adoptado.

E por agora me despido con estas novas desta entusiasta dos Galgos e dos animáis en xeral pero que padece un caso agudo de Galguitis. Próximamente irei presentando a cada membro da familia, tamén aos de Galgos 112 Galicia.

Ningún comentario:

Publicar un comentario