mércores, 24 de outubro de 2018

D.E.P Negri

Non é un galgo e nin sequera é un can pero era parte de familia... Hoxe veño con unha mala nova, a avoa gatuna da casa faleceu despois de unha boa vida tras máis de 20 anos na familia. Negri era o nome de aquela pequena gatiña que apareceu un día na casa, filla de algunha gata da rúa veu a parar (coma case todos os felinos da familia) á casa de miña nai en O Grove. Adoraba durmir con Peta nos días chuviosos de inverno... Sen a penas dentes os últimos meses da súa vida transcurriron entre sesta e sesta na compaña da nova incorporación gatuna Blanqui (a junior da casa).

Negri foi toda a vida unha gatiña moi especial, sempre ao seu rollo... pasaba as tardes de xuventude no galiñeiro cazando furonciños que despois traía como agasallo á porta da cociña, outras veces se adicaba a cazar paxariños, saltóns ou lagartos... Foi unha gata moi traballadora! Encantáballe a carne ou o polo, ainda que tampouco lle facía ascos a un bo xurel fresco... Nunca se relacionou moito cos outros gatos da casa (Ray e Patus) e dos cans pasaba un kilo (salvo da súa amiga Peta coa que acostumaba acurrucarse nos días de inverno).

Como boa gatiña doméstica adoraba as caricias e os mimos pero o simpático deste animaliño era as veces que se ía con miña nai á terra. Mentres ela poñíase panza arriba ao sol Mercedes (miña nai) pañaba, plantaba ou mesmo arrancaba herbas... Ah! Eso si, cando lle chegaba a hora de ir para casa ía onde a miña nai e se poñía a maullar informando de que había que marchar... Tiña unha voz moi curiosa, co paso dos anos o seu tono era como de desdén, unha voz gatuna grave de "paso de todo"... é complicado describir ese curioso tono con palabras escritas.

Negri so tivo gatiños unha vez na súa vida, pronto a esterlizamos pero chegou a ser mamá. Por desgraza un gato bravo da zona matoulle a única criatura que alumbrou na súa vida aos poucos días de nacer... Foi unha gata todo terreo e como tal chegou a pasar a maioría de idade humana... Este verán estivo desaparecida uns días e pensamos que para entón falecera, por sorte atopámola con unha infección de gorxa que tratamos coa nosa veterinaria de confianza, Sara de Proxecto Lagar. Pronto recuperou da infección e ainda que non gañou moito peso mantívose no seu retiro aocmpañada de Blanqui por momentos (os últimos días escondíase encima dun forno de pan que temos no que era a nosa cociña de fora).


Corre Negri querida, como me gustaba dicir que te parecías a Desdentao de "Cómo entrenar a tu dragón", con ese colmilliño que che quedaba xunto cos poucos dentes que che deixaran os anos... Non terás que enfrontarte a un novo inverno e sei que alá onde estés botarás de menos á túa amiga Peta... corre e busca dese lado do arcoiris á familia que coñeceches: Roxo, Cepi, Blaqui... eles guiarante por ese lugar onde me gusta pensar que están os seres queridos (humanos e animais) que un día formaron parte da miña vida.

Ningún comentario:

Publicar un comentario