xoves, 25 de outubro de 2018

I Anversario - Adopción PENNY

De esqurda a dereita (persoas): Ana, Lucy, Ze, Lupi (eu). Na fila de cans: Kabul, Penny, Leda, Koi e Lucky.

Hoxe é un día para recordar, un día triste en certa forma e alegre por saber que marcou un punto de inflexión o feito que ocorreu hai un ano. Xa vos falei de Penny, verdade? Xa hai un ano que se foi a vivir a Coímbra e parece que foi onte... Penny foi a nosa primeira acollida, o noso primeiro contacto directo con unha cachorra de galgo. Ela era (e en certo modo segue a ser) todo enerxía! Vela correr pola finca e xogar con Lucky era moi divertido e polas noites gostaba dos praceres dos mimos no sofá... Era unha cameladora e en certa forma o segue a ser (non hai quen lle bote unha bronca cando se porta mal coa cariña de boa que pon).

Non sei como describir a mistura de sentimentos que nos produceu a súa marcha... despois de un mes na nosa casa e visitas continuas á finca para tratar de cansala, Penny marchaba nun Volvo con Kabul (un galgo maior co que comparte vida) e os seus donos Ze e Ana... Nós quedabamos con Lucky e Koi despendido a aquela tola atrigada con bágoas nos ollos. Era triste despedirse de aquel ser tan entrañable pero enseguida comprobamos que ser o trampolín á súa familia definitiva che producía unha satisfacción case indescriptible... Penny é moi querida en Portugal, vive en Coímbra habitualmente e veranea en Praia Galé (no Algarve) fixo máis de unha trastada e os seus donos lonxe de enfadarse contaban cada tolería coma se de unha aventura se tratase...

Recordo cando Ana me contou que marcharon uns días a Italia, unha persoa se encargaba de sacar a Penny e Kabul a pasear varias veces ao día... se ve que aquelas incursións no mundo exterior non eran suficiente para a nosa "Maluca" preferida... cando Ze e Ana chegaron a casa se atoparon unha auténtica desfeita na casa... A Penny desmontou o salón, rompeu papeis pola casa e ata trasladou unha botella de aceite da cociña ao sofá onde se puxo a roela, o desparrame foi impresionante... Recibín algunha foto de aquel desastre e cando o vin non puiden máis que alucinar en colores ante tal escándalo... Ana me contaba entre risas e "emojis" o percal que se atoparon á súa volta de Italia... Aí comprendín que Penny encontrara a súa familia ideal (xa vos teño comentado que por menos se teñen devolto algúns cans adoptados)...

Penny ensinounos algo que pouca xente é capaz de afrontar, podes querer a un ser que está de acollida na casa coma se a túa mascota ou fose da túa familia pero que é importante deixar marchar... porque ese impás no que un can está contigo en acollida supón un gran paso na súa vida... non todo o mundo está disposto a asumir esa responsabilidade para despois deixar marchar... Ela foi o motivo que nos animou a facer unha segunda acollida que nos custou moito deixar ir (Aitor-Torito)... fariamos unha terceira acollida? Probablemente!

As casas de acollida en Galgos 112 (e para outras moitas asociacións sen refuxio) son vitais, son as faimilias que lle devolven a confianza no ser humano a cada animal rescatado, quen lles cura as feridas (físicas e psicolóxicas), son quen axuda a socializar a cans e cadelas que de por si son sociais por natureza e que por desgraza (en moitos casos) alguén lles arrebatou esa capacidade. Pero non queremos falar da parte triste da situación dos galgos e podencos neste país senon salientar o gran traballo de asociacións que, coma Galgos 112, axudan a devolver a dignidade a estos seres con cara de lápiz.
Grazas a toda a xente implicada neste proceso, a quen rescata, a quen acolle e a quen adopta... pero tamén a esas persoas que de algunha forma ou outra axudan na parte económica, na parte loxística, na compra de productos solidarios... a tod@s vos, GRAZAS! Sodes, ademáis dos animaliños, a miña inspiración para seguir colabrando nesta causa e con esta gran infección de Galgutis Aguda.
Penny, sigue a ser tan feliz coma sempre con Ana, Ze e Kabul... voltaremos a visitarte!

Ningún comentario:

Publicar un comentario