mércores, 7 de novembro de 2018

Progresos. Adopcións. Necesidades especiais

Bos días querid@s enferm@s de Galguitis Aguda,

haberá que xa esté ao tanto das cousas que veño a contar hoxe pero me apetecía facer un artigo de opinión persoal no medio de tanta presentación perruna. Ainda me queda por presentarvos a parte da miña familia animaleira: xa coñecedes a Lucky e a Peta, Koi non te ficha pero xa vos falei del, Tomi (alias Oligofrénico) foi a última incorporación, e @s gatiñ@s da casa de miña nai tamén son membros da familia (Ray, Patus e Blanqui, recentemente perdemos a Negri).

Hai uns días Koi sorprendeume gratamente, despois de cear se veu comigo ao sofá e de forma tontorrona se puxo a xogar comigo e con Lucky a facer que nos mordía. Case se me saltan as bágoas da emoción! O 1 de xullo fixo dous anos da chegada de Koi á nosa familia e dende entón non fixo máis que mellorar tanto física coma mentalmente... Ao principio viña moi apagado, pouca enerxía e inmunodeprimido, era extremadamente tímido e os fenobarbitais que tomaba non lle axudaban... por non falar do aspecto físico: desgarbado, con pouco pelo nas patas e na cara. No primeiro ano de estancia aquí Koi recuperou moito e volver ser un can lustroso, maila os seus problemas de pel, e activo nos paseos... A primeira vez que xogou a corretear pola area con Lucky case choramos da emoción!!

Pois pasaron dous anos e 4 meses para voltar a emocionarnos... Koi remata de cear e se pon a xogar comigo no sofá facéndose o interesante en plan "vouche morder", como Lucky se pon celoso e quere formar parte deste momento e así rematamos os tres facendo o tonto no sofá unha noite de outono. Ao mellor pensades que son unha esaxerada ou ao mellor, coma nós, tedes un can dos que chaman "con necesidades especiais" e resulta que sentides o mesmo cando fai un avance... a min resúltame emocionante e éncheme de gratitude ver que os nosos esforzos fan que animaliños coma Koi progresen nun entorno de amor coa súa familia.


Permitídeme un consello: se vos gustan os animáis e tedes pensado adoptar, recoméndovos facelo con un animaliño adulto que teña algún tipo de necesidade especial. Os cachorros gústanlle a todo o mundo es son máis fáciles de "colocar", pero a un animal adulto (e ainda encima con necesidades especiais) resúltalle máis facil atopar unha familia que o queira. Ah! E unha observación máis, teño leido por ahí que tanto os cans como os gatos negros son máis difíciles de buscarlle un fogar (no fondo somos uns racistas e parece que a cor e a raza importan)... As canceiras e asociacións de protección de animáis precisan de xente coma nós, que decida adoptar un animaliño sen importar a súa idade, a súa cor e se ten ou non algún tipo de necesidade especial... ANÍMATE E ADOPTA!!

PD: Recorda que @s amig@s non se mercan! ADOPTA, ADOPTA, ADOPTA... Sempre adopta!!

Ningún comentario:

Publicar un comentario