martes, 19 de xuño de 2018

Mi vecino Totoro

Esta semana pasada un novo foco de infección apareceu nas nosas vidas, Aitor é unha cepa de Galguitis aguda extremadamente agresiva, con tan só miralo 2s xa estás contaxiad@. Esta enfermidade vai camiño de pandemia porque ata se transmite por redes sociais e móbil, se ves unha foto estás perdid@, se miras un vídeo morrerás de amor...


Encántame chamarlle a Aitor, "Mi vecino Totoro", "Torete" ou "Torito"... el foi encontrado en Sevilla e estivo nunha residencia ata que se foi de acollida a Tarragona para convivir con Mayte e familia. Torito é un can 10, un verdadeiro carameliño... Enseguida contaxiou de Galguitis a quen o coñeceu e non tardou moito e atopar unha casa en Vigo... O que pasou a continuación é de xulgado de garda...



A suposta familia guai que o adoptaba estaba disposta (ou eso dicían) a asumir o reto de deixarse contaxiar por Aitor. Se ve nos seus corazóns non había sitio para un virus tan molón como é a Galguitis... Devolveron ao can en unha semana porque non souberon afrontar un percance entre can e gato (sen males maiores)... Preferiron manter ao neno da familia nunha burbulla de luz e color antes que explicarlle que un gato enfadado bufa e un can ladra... Vía rápida, chamada telefónica a Rechi (delegada de G112 en Galicia) e como se un RMA (siglas inglesas que significan Return Merchandise Authorization -Autorización de Retorno de Mercancía-) se tratara: "queremos devolver ao can".



Ninguén entendeu nada e sen dubidar eu e a miña parella, enfermas terminais de Galguitis ofrecemos acollida ao Torete. Dende o minuto 1, por non dicir antes, gañouse un oco nas nosas vidas e na de algún membro máis do grupo de persoas afectadas pola Galguitis 112 en Galicia. Somos unha secta canina na que nos retroalimentamos de amor polo galgos e asumimos que desta enfermidade, unha vez se entra, non se pode saír.



Estoume dando conta de que hai xente inmune aos encantos de un paiaso bicolor, probablemente o que alberguen no corazón sexa xeo e non sinta máis mundo que o seu propio cu... non cabe outra explicación, Aitor non merecía ser devolto como unha mercadoría defectuosa se tratase... é un can perfecto: amigable, cariñoso, xogueton, feliz, besucón, activo e tranquilo á vez, sociable con todo canto bicho poidas imaxinar, delicado cos nenos, paiaso, torpón, gracioso... so se me ocorren adxectivos bos... de verdade que canto máis o penso menos o entendo...



Non se pode ser moi boa xente cando abandonas un can destas caracterísitcas sen escrúpulos, cando despois de escoitar a historia de maltrato dos galgos en España decides adoptar e devolver un can rescatado coma un obxecto... Non o entendo! Dame rabia pensar en casos como os de Aitor pero este Torete está con nós na casa e dóeme a alma... Sei que o seu destino é ser feliz e por eso non podía estar con esta "xente" (se se lle pode chamar eso)... el merece un final feliz para o seu conto, como o de Koi, o de Penny, e o de tantos outros... Espero que o karma faga o seu traballo e lle devolva á xente o que vai sementando por aí...



O meu veciño Totoro, un personaxe xenial... Pronto vai ser feliz no seu fogar definitivo, con unha familia que o queira por encima de todo, como o queremos hoxe nós. O día que marche vai ser duro, pero nos quedará a satisfacción de ter axudado a outro galgo a atopar o seu destino, igual que o fixemos con Penny.


Ningún comentario:

Publicar un comentario