venres, 15 de xuño de 2018

Non son obxectos, son seres vivos

Unha adopción canina debería ser coma ter un fillo, un compromiso para toda a vida. Decidir se adoptar un can ou non debería meditarse moito, analizar todas as posibles situacións incómodas nas que te podes ver envolt@ e discernir se estás dispost@ a afrontalas. Está claro que hai xente que non o pensa e imaxina o bonito e marabilloso que vai ser ter un amigo de catro patas. Pero ninguén é perfect@, nin os seres humanos nin as mascotas, en especial estas que son rescatadas da súa mala fortuna e que, demasiadas veces, traen unha mochila psicolóxica moi grande.


Eu non son perfecta e non son dona e señora da verdade absoluta pero en ocasións penso, e bastante... Cando a miña parella me falou de adoptar un galgo, de entrada rexeitei a idea. Non me gustaban os galgos por esa pinta de desgarbados e famélicos. Cando adoptamos a Lucky, un cachorro de can mestizo que non sabiamos como ía ser, comezamos a facer vida "zoocial", paseos e parques onde había xente con cans e alí coñecín de cerca a varios galgos. Enamoráronme.



Acudimos a internet e topamos a asociación Galgos 112, a través da cal decidimos adoptar, a delegada da zona nos fixo unha dura entrevista unha vez cubrimos o formulario pertinente. Recordo aquel día coma se fora onte, Rechi e Vero viñeron a coñecernos e contarnos as cousas que podían pasar con un lebrel. Podo dicir a día de hoxe que en lugar de animarnos a adoptar parecía que nos estaban dando motivos para non facelo, todo era malo, destruían mobiliario, choraban, eran escapistas, tiñan traumas psicolóxicos, eran asustadizos... Cando marcharon dixen "menudo percal, estamos dispostas a asumir todo esto?" a sensación foi de temor, dúbida, ... 



Maila todo decidimos que si, que adoptaríamos e que non nos importaba un animal con necesidades especiais. Aos poucos días recibimos unha mensaxe con unha descripción do que agora é o noso galgo, Koi. Aceptamos o candidato e pouco despois o fumos buscar. Hoxe estamos encantadas con este animal e por sorte é a excepción de todas as cousas malas que nos dixeron que podían pasar.



Entendo que non todos os galgos son coma Koi, entendo que hai situacións difíciles e se ir máis lonxe podo falarvos de Penny, a nosa primeira acollida. Galguiña de menos de un ano, un terror de enerxía frenética, un demonio de Tazmania (como Taz o dos debuxos)... Todos os días durante o tempo que estivo con nós dedicabamos horas a cansala para que na casa estivera tranquila... Houbo momentos nos que a miña parella pensou en desfacerse dela, era un estrés aguantar tanta enerxía, pasear con correa era un horror, pareciamos pasear un saltón de 17Kg (os brazos e a espalda destrozados polo esforzo), varios pises e cacas pola casa a diario... E pola noite esa doce cara de lápiz se pousaba sobre min e os males desaparecían.



Pronto apareceu unha adopción en Portugal, pasaron a entrevista e en pouco tempo Ana e Zé se personaron en Galicia para recoller á tola de Penny. Choramos ao despedirnos, a doce tolería de Penny marchaba a Coimbra... sentimentos encontrados, morriña e tristeza fronte a alivio e desestrés... hoxe sentimos satisfacción de ter axudado a Penny a atopar a felicidade, ser o seu trampolín é algo que enche a alma de boas sensacións, saber que gracias a alguén un ser tan adorable atopa a súa casa é indescriptiblemente agradable...



Pronto a tolería de Penny en Coimbra a levou a facer algúns destrozos, pises e cacas por doquier para non perder costume... Ana e Zé sempre falando do amor que sinten hacia ela maila que un día chegan a casa e se atopan o salón desfeito, papel hixiénico por todos lados, os sofás cubertos de aceite porque a Penny se lle ocorreu roubar unha botella na cociña e roela no sofá, vomitonas aceitosas, pises e cacas... Cando vin as fotos de aquel desastre pensei que Penny voltaría a España máis rápido que o vento pero Ana e Ze asumiron que son cousas que pasan e que seguían namorados dela... Eso é amor incondicional! Con Koi é moi fácil namorarse pero bravo por esa xente coma Ana e Ze que queren con todo o seu corazón á "maluca" (tola en portugués para que non o saiba) de Penny.



Se Koi fixera algo do que Penny fixo en Coimbra me pregunto se pensaría en devolvelo coma se duns zapatos se tratara. Gústame pensar que non, sempre hai alternativas coas que contar antes de coller o camiño fácil. Non devolvemos a Penny estando en acollida e tampouco devolveríamos á lixeira a Koi se nos fixera a vida difícil ao principio. Por este motivo non entendo cando alguén devolve a un can a Galgos 112 (no é unha mercadoría defectuosa que se pode descambiar), despois do proceso da información que che dan, da axuda que che brindan durante todo o proceso, apoio, consellos... Por moito que o penso non me cabe na cabeza!



O último caso me toca de cerca, Aitor, ven adoptado dous pisos máis arriba. Un can alegre, enérxico, compatible con outros animais, con nen@s... Un capricho que tarda dez días, dez!, en desinflarse... e todo porqué... Porque non o pensaron ben, por un encontronazo que tiveron can e gato no pasillo da casa... porque a persoa adulta que estaba no momento non foi capaz de reconducir e explicar ao pequeno da casa de que ás veces os animais se enfadan, que non son perfectos, e que os gatos maullan e bufan e os cans gruñen e ladran... algo tan simple a primeira vista..

Ningún comentario:

Publicar un comentario