martes, 11 de setembro de 2018

Merdas varias

Resulta que últimamente hai unha tremenda polémica respecto á presenza dos cans nos areais na cidade de Vigo. Este ano asignaron dous areais (que a ollos de unha forasteira coma min resulta ser un e bastante pequeno) na zona de Coruxo para que as persoas posuidoras de cans puideran acudir cos peludos á praia. A veciñanza do lugar puxo o grito no ceo, non querían permitir que cans e cadelas acudiran ao que denominaron "a súa praia de toda a vida"...

Imos ver señores e señoras... que levedes anos acudindo a un mesmo areal non o convirte na vosa posesión, as praias son de tod@s... e sobre a lexislación destes lugaras debería actuar COSTAS, pero como delega as tareas de mantemento nos concellos son estos últimos que lexislan sobre a presenza ou non de cánidos nas praias.

Non quero entrar en detalles lexislativos porque non son avogada, nin xuiza, nin lexisladora municipal nin nada que teña que ver con estos temas. Creo non mentir no que dixen ata o momento pero podo equivocarme, así se consideras que es expert@ neste asunto e queres mandarme máis información ao respecto atenderei ás suxerencias/queixas que me poidas deixar en comentarios.

Ante esta disconformidad da veciñanza se reunen catro matados e organizan unha manifestación en contra da presenza dos cans no "seu areal". Argumentan:

Que a presenza dos cans na praia fai que esta esté máis porca. Que antes da ordenanza que permite aos cans acceder a praia estaba moito máis limpa.

Que, baseándose nun estudio veterinario valenciano, as cacas dos cans teñen unhas bacterias moi malas que "contaminan as augas" facendo que perxudiquen seriamente a saúde das persoas.


Que, baseándose na presenza de aves na zona, se perxudica seriamente o hábitat natural de varias especies de paxaros que aniñan nas rochas limítrofes a estes areais...

Imos ver, señor@s veciñ@s de Coruxo... se hai que protexer o espazo natural das aves é mellor pechar o acceso aos areais e rochas limítrofes onde aniñan eses paxaros a toda persoa humana (recordo que é o único animal que se está cargando o medio ambiente)... víchedes como quedan as zonas de amplia afluencia humana despois de un evento... sen ir máis lonxe, a praia de Samil a última hora da tarde queda chea de porquería humana (cabichas, plásticos, latas, envases,...)? Menos mal que a primeira hora da mañá pasan as máquinas limpadoras e deixan todo impoluto... E despois decides que contaminan os cans...

E ah!... as bacterias estas tan malas das cacas dos cans tamén se atopan nas cacas humanas... recoméndovos dar unha voltiña pola costa de Samil a Alcabre contedes a cantidade de merda humana que hai en recunchos máis insospeitados... por no falar das cacas que xente que haberá flotando no mar (ata onde eu sei os cans non cagan no mar e algunha persoa si).

Señor@s veciñ@s de Coruxo, o animal que máis contamina é o ser humano así que deixen de empregar argumentos estúpidos para tentar ter razón neste debate que haberá sempre, poñan onde poñan as praias de cans vai haber sempre a alguén que non lle guste.

E sen entrar en máis polémicas, creo que o problema non reside en estar a favor ou en contra de permitir cans na praia, creo que o gran problema é A FALTA DE CIVISMO de algunha xente... Esa xente que tira as cabichas ao chan esté onde esté, que tira papeis e non precisamente nos lugares indicados para tal fin... ese tipo de xente se ten can, ten por seguro que deixará a merda no chan. DEIXADE DE CULPABILIZAR AOS CANS, o problema é sempre das persoas incívicas e maleducadas. Gracias a xente deste tipo as persoas responsables das nosas mascotas temos menos dereitos, limítansenos o acceso a moitos lugares... e creédeme se vos digo que coñezo cans máis educados ca moitas persoas.

Respectade e facede respectar, se vedes a alguén que non recolle a merda do seu can, chamádelle atención (polo menos tentar sacarlle as cores en púbico), pero o mesmo se vedes a unha persoa fumadora tirar a cabicha por aí, un papel ao chan, un neno que molesta á familia da toalla do lado, un can que está importunando... Sen entrar en conflictos e en caso de dúbida, chamar e denunciar ás autoridades pertinentes...

UN POUQUIÑO DE POR FAVOR, QUE ASÍ NON HAI QUE VIVA!

Ningún comentario:

Publicar un comentario