martes, 11 de decembro de 2018

Perdendo a fe?

Hai días nos que custa creer na humanidade da xente e hoxe é un desos. Hai algúns días comecei a escribir un conto no que un can nos contaba a súa aventura dende que o mercan na tenda ata que vai a unha casa con unha familia. Non o teño esquecido, está a medias na miña mente... pero se hoxe tivera que escribir o final desa historia remataría moi mal e non quero darlle un destino tan triste aos animáis da miña historia.

Hoxe leín nas redes sociais un par de historias que me tocaron a fibra, unha señora tiña na casa varios cans en malas condicións e un colgado dunha soga na provincia da Coruña, se non recordo mal en Ferrol. Despois leo que un can estilo cócker morre esta noite polas condicións nas que foi atopado na clínica de unhas coñecidas. Eso sumado a que estou sensible e algunha outra nova que leín por aí me minan o espíritu e síntome sin fe na humanidade.

Plantéxome moitas veces se o ser humano non será en realidad un ente sen escrúpulos nin alma por como trata aos animáis do seu entorno. O que non pega tiros por diversión nesa actividade que chama caza, acoitela e patea a un xabarín xa ferido. Outros cravan bandeiriñas e estocadas a touros nunha paraza redonda chea de xente a compás de un "OOOOLEEE"... é mellor que non siga falando pero en fin... menos mal que mañá será outro día e tal vez teña mellor ánimo ou mellores novas que ofrecervos máis que un desafogo pesimista. 

Non perdades a fe no ser humano, hay pequenos seres anónimos facendo pequenas cousas para cambiar este mundo que por momentos se me antolla tan feo.

Ningún comentario:

Publicar un comentario