mércores, 5 de decembro de 2018

Mércores reflexivo II

A fin de semana pasada ocorreron varias cousas no estado español. Para a desgraza de calquera causa pro-dereitos (das mulleres, dos animáis, dos inmigrantes ou do colectivo LGTB) a ultradereita entrou un partido que non quero mencionar no panorama político andaluz. Non quero entrar a facer unha valoración política nin social do asunto pero dende a perspectiva da causa que defendo neste blogue me parece un paso atrás pois esta xente pretende blindar as activades de caza e tauromaquia (noutras palabras o maltrato hacia un determinado animal). Tendo en conta dúas cousiñas de nada:
  • que moitos dos lebreles rescatados proveñen dese lugar
  • que o presidente dese partido ao que non mencionaremos é cazador orgulloso e galgueiro recoñecido
  • que ata o momento xa tiñamos dificultades á hora de recurrir ás autoridades ante certos casos de abandonos/maltratos/asesinatos
Preséntasenos un panorama ainda máis duro no momento que estos partidos rancios que seguro gobernarán Andalucía, daranlle maior amparo legal a persoas que teñan por afición maltratar animais. Pero por sorte para os nosos caralápis e para desgraza desta xentuza, seguirá habendo persoas anónimas que sigan crendo que os animáis teñen dereito a unha vida digna, que rescatará e axudará a estes animais e seguirá loitando porque as cousas cambien a mellor. Xa o di Galeano: "moitas pequenas persoas facendo pequenas cousas en lugares pequenos cambiarán o mundo" así que ánimo, non decaigamos da nosa ilusión de axudar con calquera xesto. Vou facer unha última reflexión política que resume todo esto que sen entrar en profundidade vos quería trasmitir: "se @s andaluces que foron votar o pasado domingo foran dinosaurios, votarían polo meteorito".

E cambiando do tema político a un tema algo máis agradable pero non menos importante que non se vai moito deste marco animalista deste blogue. Esta fin de semana estreouse en Vimeo o documental "Yo Galgo", un filme que pretende recoller con elegancia e sen levantar demasiadas ampollas a realidade dos nosos amigos lebreles. Recoméndovos ver o documental, a fotografía e a banda sonora están xenial e xa so por eso merece a pena, en contido quedoume curto e creo que está pensado para non ofender demasiado a eses colectivos que tratan aos galgos coma se fosen mercadorías.

Ningún comentario:

Publicar un comentario