Amosando publicacións coa etiqueta Phoenix. Amosar todas as publicacións
Amosando publicacións coa etiqueta Phoenix. Amosar todas as publicacións

mércores, 14 de novembro de 2018

PHOENIX

Phoenix acaparando sofá.

Nome: Phoenix
Orixe: Valencia
Idade: 13 anos
Adora: Pasear, durmir e comer
Odia: a noite e sentirse so
Nunha palabra: avó

Breve historia: 

Pensamos que o noso puzzle estaba xa completo coa adopción de Galia, pero non! Phoenix é un can que foi devolto á asociación Galgos 112 despois de 10 anos adoptado en Valencia,  ao parecer el xa non encaixaba nos plans de vida da que foi a súa "familia" (imos obviar pronunciarnos ao respecto). Foi un frechazo! Este galgo chegou en condicións de descoido, daba a sensación que fora sacado dun trasteiro tras 10 anos alí metido. Dende o minuto 1 adaptouse perfectamente ás nosas vida. Como bo galgo é un acaparador de sofá, encántalle pasear e maila a súa idade fai piruetas dando voltas sobre si mesmo da alegría que lle produce saír na compaña da súa familia. Cando chega a hora de comida é adorable... Non lle gusta nada a noite, síntese inseguro no patio cando o sacamos a facer o último pis do día e a súa teima é tratar de escaparse se te despistas (é como se temera que o foramos a deixar alí tirado coma un trasto vello). Hoxe vive feliz con unha FAMILIA de verdade que o adora e fai moi bo equipo coa súa irmá Galia, que gracias a el parece socializar máis coas persoas... Son tan adorables! Obviamente somos unhas vítimas máis desta marabillosa enfermidade de Galguitis Aguda... Ecnántanos!

María e familia


----------- VERSIÓN EN CASTELLANO -----------

Nombre: Phoenix
Origen: Valencia
Edad: 13 años
Adora: Pasear, dormir y comer
Odia: la noche y sentirse sólo
En una palabra: abuelete

Breve historia:

Pensamos que nuestro puzzle ya estaba completo con la adopción de Galia, pero no! Phoenix es un perro que fue devuelto a la asociación Galgos 112 después de 10 años adoptado en Valencia, al parecer no encajaba en los planes de vida de la que fue su "familia" (vamos a obviar pronuncarnos al respecto). ¡Fue un flechazo! Este galgo llegó en condiciones de descuido, daba la sensación que fuera sacado de un trastero tras 10 años allí metido. Desde el minuto 1 se adaptó perfectamente a nuestras vidas. Como buen galgo es un acaparador de sofá, le encanta pasear y pese a su edad hace piruetas dando vueltas sobre sí mismo de la alegría que le produce salir en compañía de su familia. Cuando llega la hora de comer es adorable... No le gusta nada la noche, se siente inseguro en el patio cuando lo sacamos a hacer el ultimo pis del día y su obsesión es escaparse si te despistas (es como si temiera que lo fuésemos a dejar allí tirado cual trasto viejo). Hoy vive feliz con una FAMILIA de verdad que lo adora y hace muy buen equipo con su hermana Galia, que gracias a él parece socializar más con las personas... ¡son tan adorables! Obviamente somos unas víctimas más de esta adorable enfermedad Galguitis Aguda... ¡Nos encanta!

María y familia

sábado, 25 de agosto de 2018

Post-vacacional

O verán ainda non rematou mais a "volta ao cole" está á volta da esquina... O verán 2018 vaise ir despedindo con moitas novidades e bos momentos, outros non tanto... Centrémonos no bo. Este ano puiden coñecer un anxo con cara de lápiz de dúas cores, blanco e negro, un paiaete mimoso ao que lle encanta facer o tonto para gañar mimos... Sabedes por onde vou? Si, Torito... Aitor para Galgos 112.

Torito foi devolto dúas veces tras ser adoptado, o cabreo que collemos na súa casa de acollida foi monumental. Sen entrar en detalles a responsable de zona de La Rioja meteu a pata ata o fondo con esta adopción fallida, non quero entrar a calificar a esta persoa pero direi que me fixo sentir moi mal. Como quedamos en que iamos centrarnos no bo teño que informar que Torito está novamente en Galicia, contento e feliz coma unha lombriz... eso é o bonito das cousas, que maila que non sempre van ben hai un can que non se queda traumatizado.

Na viaxe de rescate a Logroño para recuperar a Torito, trouxemos a dous galgos máis que está adoptados a día de hoxe en Vigo:
  • Bahía, unha galga xoven preciosa de tres patas que comparte piso con outra cadela, dous gatos e dúas humanas. Ten medo da xente pero na casa é todo un amor .
  • Phoenix, un avó canoso como Koi, ao que decidiron despachar despois de 10 anos adoptado, move a cola coma se fose un helicóptero e convive con outra caralápiz Galia.

Por outra banda, falando do George Clooney dos galgos, Koi foi visitado pola responsable de zona de Alicante, lugar do que provén. Quedamos, como é habitual en Galicia, a redor dunha mesa con comida e moita xente, moi bo rollo e uns cantos bichos de catro patas. Este reencontro produceuse xusto despois dunha viaxe a Portugal onde nos reencontramos coa nosa primeira acollida, Penny. Cantas emocións, canta alegría ver a outra cara de lápiz sen traumas no seu hábitat natural, xogando con Lucky como o fixera o outubro pasado. Case se me saltan as bágoas de alegría.

E na casa de miña nai, ademáis de Peta (a pequena sin raza de tres patiñas) entrou en acollida outro can, o pequeno Tomasín (alias Seguritas), que finalmente se quedará a vivir alí felizmente adoptado.

E por agora me despido con estas novas desta entusiasta dos Galgos e dos animáis en xeral pero que padece un caso agudo de Galguitis. Próximamente irei presentando a cada membro da familia, tamén aos de Galgos 112 Galicia.